GALICIA
No 2017 519 rapaces e rapazas en risco de exclusión social participaron no programa Mentor
González destacou que a Administración autonómica desenvolve o programa Mentor de capacitación para a vida independente de persoas de entre 16 e 25 anos que se atopan baixo medidas de protección pública
A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Amparo González, participou onte no encontro Think tank Innolab jóvenes e inclusión, un espazo de participación no que mozos e mozas, técnicos, Administracións e organizacións da sociedade civil traballan na consecución do benestar de rapaces e rapazas en risco de exclusión social.
Durante a súa intervención a directora xeral fixo fincapé na importancia do traballo nos procesos de inserción sociolaboral da mocidade en situacións de dificultade. Neste sentido, a Xunta de Galicia desenvolve o programa Mentor, pensado para persoas de 16 a 25 anos baixo medidas de protección pública co obxectivo de capacitalos para a vida independente e no que a inserción laboral é un dos factores chave.
A directora xeral lembrou que, durante o ano 2017, 519 mozos e mozas participaron neste programa e deles, máis do 77% xa superaban a maioría de idade. A taxa de ocupación media é superior ao 28%, con 221 contratos laborais vixentes o pasado ano.
O encontro estenderase ata hoxe e abordará asuntos como a importancia da escola como elemento de socialización vencellado ao acoso e a violencia escolar, a familia como núcleo esencial do desenvolvemento e todas as vertentes da perspectiva de xénero co obxectivo de concienciar sobre a corresponsabilidade no ámbito doméstico. Amparo González destacou que “esta xornada é unha clara mostra da importancia da participación dos mozos e mozas e servirá tanto para reforzar o seu dereito a ser escoitados como para profundar nestes temas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217