MOS
O Concello deberá indemnizar a un veciño con 12.000 euros pola "por inactividade en disciplina urbanística"
O Xulgado falla a favor de Manuel Rodríguez e obriga ao Concello a pagarlle ao denunciante en concepto de responsabilidad patrimonial
O Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra ven de fallar en favor do denunciante, Manuel Rodríguez Alonso –veciño da mosense parroquia de Tameiga-, instando ao Concello de Mos a indemnizalo con 12.000 euros en concepto de responsabilidad patrimonial por inactividade en materia de disciplina urbanística na década de 1999 a 2009.
Así o informou hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, quen lembrou que durante eses anos non era ela rexedora local. Arévalo lamenta a situación vivida con este veciño nun caso no que ela non ten responsabilidade como alcaldesa ao producirse a situación obxecto de denuncia antes de que ela chegara á Alcaldía do Concello de Mos.
Compre lembrar que Manuel Rodríguez chegou a ameazar de morte á actual alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e á concelleira de Urbanismo, Julia Loureiro, no marco deste proceso xudicial. Ameazas acompañadas de insultos, inxurias e calumnias polas que tivo interposta unha orde xudicial de alonxamento de ambas durante un ano e polas que se atopan en xuízo.
Arévalo declara ter vivido momentos de “verdadeiro medo a causa deste asunto ao ter que escoitar gritos e improperios por parte de Rodríguez nas inmediacións da Casa Consistorial” tendo que chegar a ser acompañada nalgún caso por un axente da Policía Local e atopar o seu vehículo “con constantes desperfectos como ovos que lle foran arroxados, escupitajos… etc.”
Lamenta polo tanto a alcaldesa de Mos todo este desagradable proceso vivido por unha situación que se produciu antes de que ela chegara á Alcaldía e que, ademais, se foi resolvendo a partir do ano 2011 quedando regularizada a situación das tres empresas que concretamente denunciaba Rodríguez. Das empresas denunciadas Mecanizados Hermida atópase a data de hoxe pechada e trasladada con sentencia favorable ao Concello de Mos, Rube trasladou a súa actividade de almacenaxe e axústase actualmente á licencia municipal outorgada con sentencia favorable ao Concello tanto do Xulgado coma do Tribunal Superior de Xustiza (TSX) e Miraflores axústase actualmente ao recoñecemento de uso outrogado con auto favorable ao Concello tanto do Xulgado coma do TSX.
Polo tanto a rexedora local mosense conclúe lamentando de novo “que este señor se tome como algo persoal e trate de facerme a vida imposible por un problema sucedido cando eu non era alcaldesa, que precisamente sendo eu alcaldesa comezou a solucionarse, e que a data de hoxe atópase solventado e regularizado”. “Evidentemente os trámites de regularización non foron todo o rápidos que este señor quería, porque os expedientes non se tramitan nin se incoan dun día para outro, que era o que el quería; pero eu fun impecable en todo este proceso e en todo momento no Concello de Mos e no departamento municipal de Urbanismo cumprimos os prazos legalmente establecidos”, sentencia Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87