PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra anuncia invstimentos de máis de 18 millóns de euros a través de proxectos europeos
Carlos López Font adiantou que a institución ten en marcha 15 novas candidaturas a fondos europeos para impulsar actuacións na provincia por valor de máis de 22,1 millóns de €
O deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, fixo onte balance dos proxectos que a Deputación de Pontevedra ten en marcha na actualidade con financiamento europeo e adiantou tamén os proxectos de futuro nos que o Goberno provincial traballa neste eido. Tal e como explicou o deputado, na actualidade a institución está a liderar iniciativas por valor de máis de 18 millóns de euros centradas en proxectos que impulsan o emprendemento, o emprego, a competitividade, a I+D, as novas tecnoloxías, a sustentabilidade, o medio ambiente, a formación, a xestión dos recursos naturais e as sinerxias con Portugal para potenciar a Eurorrexión. En canto a plans de futuro, López Font adiantou que a Deputación ten en marcha 15 novas candidaturas para captar fondos europeos que impulsen actuacións na provincia, por valor de máis de 22,1 millóns de euros.
Font salientou que a chegada no novo Goberno á Deputación supuxo un cambio radical na xestión dos proxectos europeos, xa que o anterior goberno “fixo unha xestión nefasta, con moitas desfeitas que tivemos que amañar, con proxectos só para captar fondos, sen planificación, sen facer partícipes aos concellos nin á sociedade e sen ter en conta os retornos para a provincia”. Fronte a este modelo de xestión, o deputado contrapuxo o bo facer da actual Deputación, “coa nosa aposta por gobernar con todas e todos e para todas e todos, con equidade, con máis dereitos, máis servizos e de forma máis aberta e transparente”. Destacou que os proxectos europeos que se están a poñer en marcha “si teñen por obxectivo xerar retorno económico na provincia para convertela nunha provincia de vangarda e innovación, máis preparada para competir no mundo global e con maiores oportunidades”.
Máis polo miúdo, López Font explicou que os proxectos europeos nos que se están investindo máis de 18 millóns de euros céntranse en dúas liñas de actuación. A primeira delas xira en torno a proxectos baseados na economía, a industria, o turismo e o medio ambiente, nos que se están investindo algo máis de 10 millóns de euros. Aquí insírense proxectos como ESTRAEE, Cooperación e Tecnoloxía para xestión de residuos de aparatos electrónicos e eléctricos, con 2,1 millóns de euros; e tamén proxectos como Depoverde, Protura ou Apicultura Sustentable, para promover o emprego no rural, o turismo sustentable e a apicultura sustentable, con algo máis de 340.000 euros.
Nesta liña de actuación, López Font tamén destacou o proxecto IN 4.0. de adaptación do modelo de industria 4.0 ao sector da construción naval, con 2,6 millóns de euros, unha iniciativa “que dá boa mostra da nosa posición pioneira a nivel non só europeo, senón que eu diría mundial, centrándonos precisamente na innovación no sector da industria naval”.
Máis de 3 millóns de euros estanse investindo nas iniciativas Visit Río Minho e Smart Miño para preservación, conservación e valorización do Río Miño transfronteirizo e para promover unha estratexia conxunto de cooperación intelixente neste espazo. O deputado provincial puxo estes proxectos como exemplo do bo facer da Deputación sumando sinerxías con Portugal a nivel europeo, “porque sabemos que se traballamos da man, unidos, seremos máis fortes e conseguiremos que a nosa Eurorrexión se converta nun espazo de prosperidade”. Tourist Inside Rías Baixas é o último proxecto europeo concedido e no que xa se traballa, con máis de 2 millóns de € , para converter á provincia de Pontevedra nun destino turístico máis intelixente.
Font debullou tamén os proxectos europeos que xiran en torno ao outro grande eixo de actuación con iniciativas para o impulso do emprego e da formación, que suman 8,1 millóns de € en total. Depoemprende está supondo un investimento de 1,6 millóns de € para o fomento do emprendemento na provincia, Practicum Depo achega 2,7 millóns de € para fomentar a mobilidade europea de estudantado e profesorado de FP e Depointegra Xoven mantén 2,5 millóns de € para o impulso de itinerarios de formación para o certificado de profesionalidade.
O deputado lembrou tamén que no Coworking do Viveiro de Barro se están investindo 800.000 euros para implantar accións de formación e titorización de proxectos emprendedores, así como co proxecto Millenials, a través de 500.000 euros, para promover accións de formación e titorización de xente moza.
Proxectos europeos de futuro
López Font explicou que, ademais destes proxectos xa en marcha, a Deputación está traballando de cara ao futuro en novas iniciativas e neste ano presenta 15 novas candidaturas para impulsar actuacións na provincia de Pontevedra, por un valor de máis de 22,1 millóns de euros, centradas en seis eixos de actuación: igualdade, eficiencia enerxética, innovación, cultura e turismo, montes e cooperación transfronteiriza. No eido da igualdade, López Font lembrou que se trata da “bandeira principal deste Goberno dende o primeiro momento, e polo tanto, sempre vamos apostar por iniciativas que a fagan valer”. Neste senso, explicou que a Deputación se presenta ao proxecto “Gegame: a videogame to use in schools to promote gender equality”, cun orzamento de 300.000 euros para impulsar unha ferramenta educativa en formato videoxogo para promover a igualdade de xénero.
En canto á eficiencia enerxética, a institución provincial impulsa seis proxectos para darlle pulo á iluminación exterior sustentable nos concellos da provincia, por un valor de 3,5 millóns de euros, e outra iniciativa para substituír caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa tamén nos municipios, por un valor de medio millón de euros.
Outra das apostas da Deputación, tal e como expuxo Font, é a innovación “e queremos axudar ás nosas empresas a ser máis competitivas, por iso presentamos o proxecto Sudconnectier, estratexia para a mellora e optimización de procesos na cadea de subministros da industria aeronáutica e espacial”, cun investimento de 1,3 millóns de euros. No eido de cultura e turismo, o Goberno provincial traballa, da man tamén con Portugal, no proxecto Literatur, con 1,3 millóns de euros, para a valorización turística do patrimonio literario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal; e na iniciativa “Caminos”, que ten por obxectivo promovoer os camiños xacobeos do oeste peninsular, cun orzamento de máis de 4 millóns de euros.
O proxecto “GNP Resilente”, con 1,1 millóns de euros, supón unha nova aposta do Goberno provincial polos montes da provincia, buscando analizar a resilencia forestal, a capacidade dos montes para retornar a condicións previas a situacións coma os incendios. A última gran liña de traballo en marcha para captar novos fondos europeos segue sendo, tal e como sinalou o deputado provincial ,a cooperación transfronteiriza entre a provincia de Pontevedra e o norte de Portugal. Para iso están en marcha tres proxectos: “Seniors Friendly e Visit Minho Plus para crear unha rede de cidades e municipios transfronteirizos amigas e amigos das persoas maiores, ambos cun orzamento de 5,5 millóns de euros e “Red Lab Minho” para promover unha rede de apoio ás dinámicas locais de cooperación do río Miño, cun investimento de máis de 400.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186