PROVINCIA
Carlos López font reitera que A Lama non acadou o mínimo esixido para beneficiarse do Plan DepoRemse
“Sorpréndeme que non dixera nada das bases cando se publicaron e que agora queira recorrer á vía xudicial”, manifestou o deputado provincial
O deputado provincial, Carlos López Font, explicou esta mañá que o concello da Lama non acadou os cincuenta puntos esixidos polas bases para beneficiarse das achegas do Plan DepoRemse. Neste eido, Font amosou a súa sorpresa por ver que o concello recorre a vía xudicial cando no momento no que se publicaron as bases non dixo nada.
Segundo detallou o deputado provincial, “cando se publican unhas bases todo ten uns límites”. Como exemplo, Font falou da presentación da declaración da renda: “as persoas que cobran por debaixo dos 22.000 euros non teñen a obriga de facer a declaración e aquelas que cobran 22.001 euros si. Pois ben, no caso do DepoRemse o límite está en 50 puntos e A Lama, ao igual que lle pasou a outros concellos, quedou por debaixo e por iso quedou excluído”.
En calquera caso, o deputado provincial aproveitou para recordar que este ano o concello da Lama ten á súa disposición no marco do Plan Concellos 814.328,90 euros, un 73,78% máis que o ano anterior e que, ao longo destes tres anos de goberno, recibiu ata 1.741.848,57 soamente a través deste plan.
Tamén recordou Font que A Lama, con 79.000 euros, foi un dos concellos beneficiarios do Plan de Investimentos en Equipamentos e Infraestruturas PICEI, impulsado para paliar a situación de discriminación á que se viron sometidos determinados concellos polo goberno anterior de Louzán. “Era un plan para devolver unha situación de normalidade a aqueles concellos tratados inxustamente e Forcarei e A Lama, gobernados polo PP, foron beneficiarios desta iniciativa. O que me sorprende é que cando se senten beneficiarios valen as nosas iniciativas e cando non, protestan”, afirmou o deputado.
Neste eido, Carlos López Font aproveitou para facer fincapé no cambio impulsado polo goberno de Carmela Silva en canto á distribución dos fondos públicos, “todo atendendo a bases claras, obxectivas, ben definidas e valoradas por técnicas e técnicos da Deputación”. “Os alcaldes e alcaldesas do PP non están acostumados e acostumadas a cumprir unhas normas, unhas regras de xogo, algo que parece lóxico tendo en conta que os gobernos anteriores, nesta Deputación, repartían a dedo e por libre disposición os recursos públicos”, asegurou Font.
Font incidiu en que “o PP elixiu a liña de protesta ridícula sen sentido e a nós correspóndenos seguir gobernando desde a equidade, facendo públicos datos que demostran que nunca se atendeu tan ben como nestes tres anos aos concellos”
Amais, o deputado tamén adiantou que “dentro duns meses recordaremos como A Lama foi un dos primeiros concellos en entrar por esta vía, porque, a partir de agora e de cara as municipais, isto vai ser o habitual”. De feito, Font recordou a reunión celebrada esta semana en Ponteareas na que a deputada e o deputado do PP, Belén Villar e Santiago Rodríguez, xunto cos alcaldes de Arbo, A Cañiza e Mondariz-Balneario protestaban polo reparto dos Plans DepoRemse e de Reequilibrio.
“Unha reunión ridícula”, asegurou o deputado, xa que o concello de Mondariz-Balneario non pediu o Plan DepoRemse e, en canto ao Plan de Reequilibrio, non incorporou o proxecto redactado en prazo. No caso de Salceda de Caselas, tal e como informou Font, o municipio recibiu medio millón de euros do DepoRemse, así que “imaxino que a presenza de Santiago Rodríguez nesa reunión é porque non goberna en Salceda e iso é o que lle molesta, porque os beneficios para as veciñas e veciños son máis que evidentes”.
Pola súa banda, o deputado provincial tamén explicou que Ponteareas non se puido acoller ao Plan de Reequilibrio porque supera os 20.000 habitantes pero si se beneficia con máis de 420.000 euros do Plan DepoRemse. En cambio, Arbo, non solicitou á Deputación de Pontevedra achegas no marco do Plan de Reequilibrio.
En canto á Cañiza, Carlos López Font destacou que “a semana pasada estiven co alcalde na vila, visitando unha das obras que estamos a poñer en marcha, e estaba encantado. Non entendo a súa queixa agora, cando o concello recibiu recursos tanto do Plan de Reequilibrio como do DepoRemse por valor de máis de 403.000 euros”.
O deputado provincial recordou que nas comarcas do Condado e da Paradanta, soamente este ano os concellos están a recibir 11,3 millóns de euros no marco do Plan DepoRemse, de Reequilibrio e Plan Concellos, concretamente 2,7 no marco do Plan DepoRemse e de Reequilibrio e 11,4 do Plan Concellos. Neste eido, Carlos López Font destacou que “non deixa de sorprenderme que cada vez que damos estas cantidades, que cada vez que demostramos que esta é a maior aportación da historia da Deputación aos concellos, que aínda sigamos con estas críticas e con estes movementos políticos. O PP elixiu a liña de protesta ridícula sen sentido e a nós correspóndenos seguir gobernando desde a equidade, facendo públicos datos que demostran que nunca se atendeu tan ben como ata agora aos concellos da provincia sen distinción”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186