Tomiño recibe 170.000 euros para a mellora de eficiencia enerxética
O Concello de Tomiño vén de recibir unha subvención de 174.163 euros por parte do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía); entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica, para levar a cabo parte dun proxecto de mellora da calidade e sostenibilidade do edificio do antigo centro de saúde, hoxe adicado á atención ao público das áreas de Benestar Social, Cultura, Turismo, Mocidade, Deporte, Protección Civil e Policía Local.
O proxecto, cuxo orzamento total ascende a máis de 237.000 euros, comprende a instalación dun sistema de illamento térmico en paredes exteriores; cambio de tellado e carpintería exterior de aluminio con triplo cristal, así coma a instalación dun sistema novo de iluminación de aforro enerxético con led; un recuperador de calor e colocación de arborado que protexa da chuvia a fachada oeste.
Aínda que o Estado concede 30 meses para a execución das obras, o Concello xa comezou o procedementos dos trámites necesarios para poder realizar as melloras previstas no inmoble do antigo centro de saúde; agora dependencias municipais.
A axuda, publicada o día 20 de setembro pasado, foi solicitada no mes de xullo de 2017, para a realización de proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa FEDER plurirrexional de España 2014-2020. O Concello fixo, asemade, outras tres propostas de rehabilitación enerxética (parte da Escola Obradoiro de Goián, parte do Concello e espazos públicos no núcleo urbano de Goián), que aínda non foron resoltas. Cabe salientar que a esta convocatoria presentáronse, até o momento, máis de 1250 solicitudes de entidades locais de toda España.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta que este novo proxecto se encadra no compromiso do goberno local coa eficiencia enerxética nos equipamentos e servizos públicos; labor que se vén levando a cabo dende hai varios anos, e que con esta nova axuda, recibirá un pulo moi importante. “Investir en aforro enerxético supón un aforro para o futuro, reducindo os gastos correntes do Concello, dando máis calidade e confort aos usuarios e traballadores e traballadoras do mesmo”, explica a rexedora local.
O inmoble do antigo centro de saúde foi cedido pola comunidade de Montes de Tomiño, para que a veciñanza poida ter un edificio en condicións para as áreas de Benestar, Policía Local e Protección Civil. “Unha vez máis o goberno agradece á comunidade de montes a súa xenerosidade con todos os veciños e veciñas de Tomiño, que agora poderán desfrutar de mellores instalacións, unha vez rematadas as obras”, salienta a alcaldesa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217