MOS
Mos reitera a gratuidade da AP-9 con Tui como mellor alternativa á A-55
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, lembra que o de Mos foi o primeiro Concello en propoñer esta solución, xa no ano 2007
Dada a repercusión mediática que volve a ter este tema dende fai algúns días, o Concello de Mos reclama novamente a gratuidade da autopista AP-9 no tramo Vigo-Tui para desviar tráfico da autovía A-55, unha vía de elevadísima sinistralidade e alarmante perigosidade na que esta mesma mañá se producía un novo e aparatoso accidente múltiple.
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, lembra que o de Mos foi o primeiro Concello en solicitar a gratuidade da AP-9, sendo aprobada a devandita reclamación polo Pleno da Corporación Municipal xa no ano 2007.
Dende que Arévalo chegou á Alcaldía esta foi unha das reclamacións recurrentes e permanentes da rexedora local, que sempre a plantexou como a alternativa ideal á circulación pola problemática A-55, na que se atopa o peor punto negro de España.
Deste xeito a alcaldesa de Mos reitera “a imperiosa necesidade da gratuidade do tramo Vigo-Tui para desviar o tráfico da A-55 e pide a Fomento que axilice ese trámite ao atoparse parado o proxecto alternativo á autovía A-55 que fora presentado con Rajoy como presidente”. Por iso pide “que non se repita a triste realidade de que cada vez que chega o PSOE ao goberno de España, chegan as malas noticias para Mos. Dar solución ao problema da A-55 é prioritario para este municipio que históricamente se veu afectado por esta vía para a que se está demorando demasiado unha alternativa, necesaria para frear os innumerables accidentes, feridos e mortes que se rexistran cada ano”.
“A A-55 é unha infraestrutura mortal á que hai que darlle unha solución xa, e a mellor e máis rápida solución é a gratuidade da AP-9”, concluiu Nidia Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87