Lunes, 16 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 21 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello achegará 50.000€ para arreglar a Igrexa de San Campio

O templo fora arrasada polo lume no mes de xullo

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Carrera, mantiveron unha xuntanza con representantes da Comisión de Festas de San Campio, da parroquia de Pontellas, para tratar a rehabilitación e recuperación da igrexa que resultara moi gravemente danada por un incendio o pasado mes de xullo, precisamente coincidindo coa celebración da súa festa patronal.


Hai que lembrar que o lume arrasara completamente o interior do templo, queimando os bancos, as tallas dos santos-incluindo a do patrón-, e o tellado, quedando en pe so a estrutura da basílica, logo de que os bombeiros, para evitar maiores riscos, tivesen que retirar as vigas do teito.


García de la Torre e Carrera comprometéronse a que o orzamento municipal para 2019 conteña unha partida duns 50.000€, “a máis importante das destinadas a ao arranxo  da igrexa” para que as obras estean rematadas antes da celebración da Festa de San Campio.


A alcaldesa salientou a importancia, “a marxe do respecto á liberdade relixiosa e a manifestación da mesma” que ten para o patrimonio cultural e histórico do Porriño, e para as porriñesas e porriñeses que a igrexa de San Campio, construída no século XIX.


O mesmo día do incendio, Eva García de la Torre, quen acudirá ao lugar para coñecer os danos de primeira man, comprometérase, públicamente, coas veciñas e veciños a que  contarían co Concello e con toda a Corporación para a reconstrución da capela.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.