O PORRIÑO
‘Flores para As Meninas’, que estará no Centro Cultural Municipal ata o vindeiro día 31
A Concellería de Ensino e Participación Cidadá do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, abre fronteiras para que as trinta ‘Meninas’ realizadas por colectivos e centros de ensino de toda a área metropolitana expoñan a súa beleza e creatividade nos diferentes concellos veciños. Organizadas por quendas, as Meninas visitarán os concellos de Mondariz, Mondariz Balneario, Salceda, Covelo, As Neves, A Cañiza e O Porriño.
A responsable do departamento de Educación do Porriño, Lourdes Moure, abriu esta exposición que estará na vila ata o 31 de outubro, no Centro Cultural municipal para que toda a cidadanía poida desfrutar destas obras de arte realizadas na súa maior parte con materiais de refugallo.
O proxecto “Flores para as Meninas” creado pola profesora Pilar Gallego e dirixido dende a concellería de Ensino de Ponteareas, contou coa colaboración de toda a comunidade educativa e distintos colectivos que agasallaron estas pezas para que logo puideran ser patrocinadas e doados os cartos conseguidos a unha entidade sen ánimo de lucro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11