O PORRIÑO
Limpeza coloca os primeiros composteiros
A Concellería de Limpeza do Porriño, que dirixe Orlando Márquez, vén de poñer en marcha a instalación de seis composteiros no barrio de San Sebastián, coma “primeira medida do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que permitirá a reciclaxe de restos orgánicos das vivendas do concello”.
Para a utilización dos composteiros, o Concello organizará distintas charlas, que anunciará nos vindeiros días, para explicar o funcionamento dos mesmos.
Orlando Márquez, quen adianta que a instalación dos composteiros seguirá na Urbanización O Pinar, subliña que este sistema para converter os restos de comida e vexetais en fertilizante natural, “non esixe máis que uns 10 ou 15 minutos á semana, non ten custos de mantemento ou funcionamento e pode realizarse, sen molestias e sen cheiros, en calquera zona”.
O lixo diario que xeran os fogares contén contén máis dun 50% de refugallos orgánicos que poden reciclarse e retornar a terra en forma de ‘humus’ para plantas e cultivos, “por cada 100 quilos de lixo orgánico poden lograrse ata 15 quilos de compost”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11