Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 23 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Novo tramo de Senda Fluvial no Río Landres

O Concello de Salceda de Caselas e a Deputación de Pontevedra inauguraron este mes o novo tramo de Senda do Río Landres, no tramo correspondente ao espazo entre O Seixo e o Muiño da Pereira. A inauguración acolleu tamén un acto de recordo no primeiro aniversario dos incendios de outubro de 2017, que o Concello quixo organizar “a modo de homenaxe ás forzas de seguridade e a tódalas persoas voluntarias que durante aquelas horas resultaron fundamentais para combatir o lume e evitar que no caso de Salceda se producisen danos persoais nin sobre as vivendas”. Así, na mesma senda descubriuse un panel de agradecemento no que se narra a historia daqueles difíciles días.

 

O proxecto, con un orzamento de 105.252,18 €, enmárcase dentro do Plan Concellos 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, e foi executado pola empresa adxudicataria FECHI. Nesta ocasión executouse un tramo de 789 metros que, ao igual que os tramos anteriores, está perfectamente acondicionada para persoas con discapacidade e mantén a estructura do feito ata o de agora. Durante o percorrido instalaranse diversos bancos, así como a pertinente sinalización no principio e final da senda coas limitacións de uso da mesma.

 

O proxecto, redactado polo Enxeñeiro Técnico Agrícola Julio Piñeiro, enmárcase dentro do programa de actuacións previsto polo Concello de Salceda de Caselas encamiñadas á recuperación, creación e posta en valor de espazos destinados a uso público para o recreo e espallamento das veciñas e veciños do municipio, así como das e dos visitantes

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.