MOTOR
O Ssangyong Rodius renóvase estéticamente
A historia do Rodius en España é unha historia de éxito desde que a primeira xeración chegase alá polo ano 2005 como o gran aliado das familias, levando o concepto de monovolume a outra escala e converténdoo nun modelo único polo seu tamaño, capacidade e confort. Desde entón vendéronse máis de 19.000 unidades no noso mercado, converténdose no modelo de máis éxito da marca coreana no noso país.
O novo Rodius preséntase cun novo aspecto frontal que lle outorga unha imaxe máis moderna e atractiva, na liña marcada polos últimos lanzamentos da marca, e maximiza o carácter robusto do modelo grazas ao seu novo capó, grella e paragolpes dianteiros, así como ao novo deseño dos faros que inclúen luces de posición e diúrnas LED.
Xa sexa por viaxe de pracer, negocios ou para moverse pola cidade, o Rodius é o monovolume perfecto para transportar co máximo confort e espazo a sete adultos e toda a súa equipaxe grazas ao seu completo equipamento de serie desde as versións de acceso, ao seu xeneroso espazo interior, e aos seus impresionantes 875 litros de capacidade de maleteiro coas 3 filas de asentos dispoñibles, que se poden ampliar ata unha capacidade máxima de 1.975 litros.
Impulsado por un potente motor de 178 CV e 400 Nm de par, o novo Rodius está dispoñible en acabado Line desde 26.100 euros, Premium desde 28.600 euros, e Limited desde 32.600€. O cambio automático secuencial de 7 velocidades, está dispoñible desde 31.400 euros, e a tracción 4 WD conectable asociada ao cambio automático, desde 36.450 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188