PROVINCIA
Oito concellos da provincia realizan accións formativas do programa “Conectadas 2018”
Preto de 130 mulleres e homes van participar a partir desta semana nesta iniciativa da Deputación dirixida á promoción da igualdade a través da formación
Ao longo desta semana preto de 130 persoas de oito concellos da provincia comezarán novos cursos do programa “Conectadas 2018”, un dos programas da Deputación de Pontevedra encamiñados á promoción e desenvolvemento da igualdade. Os concellos que acollerán estas accións son Vilaboa, A Lama, Salceda de Caselas, Redondela, Catoira, Vila de Cruces, Cangas e Vilagarcía de Arousa.
Na comarca de Vigo, en Redondela, 15 persoas da Asociación Veciñal de Trasmaño comezarán un obradoiro de Socializándonos coas Redes, que terá lugar todos os venres, de 18:00 a 21:00 horas. En Salceda de Caselas, 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Caselas van tratar de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables todos os martes, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
No Morrazo, haberá un obradoiro en Cangas de Cociña e Alimentación e Hábitos Saudables organizado pola Asociación de Mulleres Progresistas de Darbo, no que van participar preto de 20 persoas. Será os venres, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
Na comarca de Pontevedra, no concello da Lama, 16 persoas da Asociación Veciñal de San Bartolomeu de Xesta van facer un taller de Risoterapia, todos os venres de 17:00 a 20:00 horas. En Vilaboa, a Asociación de Mulleres Rurais Boa Vila organiza un obradoiro de Iniciación á Costura, que terá lugar os mércores, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
Na comarca de Caldas haberá un taller en Caldas de Iniciación ao Patchwork na Asociación de Mulleres Rurais Ascuas. Vai ter lugar todos os sábados, de 17:00 a 21:00 horas. Ata o momento, hai anotadas para esta actividade un total de 15 persoas.
Na comarca do Salnés, en Vilagarcía serán 15 persoas da Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras As Perlas de Arousa as que asistan a un obradoiro de Iniciación á Costura, que se desenvolverá os martes, en horario de 18:00 a 21:00 horas.
No Deza, Vila de Cruces acollerá un taller de Horta Ecolóxica na Asociación de Mulleres Ruraais de Cumeiro, no que van participar 15 persoas todos os xoves de 20:30 a 23:30 horas.
“Conectadas 2018” é un programa da Deputación de Pontevedra destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento e empoderamento, así como a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes. Neste ano, conta cun orzamento de 324.000 euros e desenvólvese a través de 46 accións formativas distribuídas en 8 bloques temáticos: “Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego”, “Muller e cultura: Artes Visuais”, “Actualízate”, “Coas túas mans”, “Porque ti o fas”, “Súmate ao cambio”, “Ponte en forma” e “Coidados persoais”. En 2017 beneficiáronse desta iniciativa un total de 343 entidades pertencentes a 60 concellos da provincia, o que supuxo que preto de 5.500 persoas participaran nas distintas actividades programadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186