Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 20 de Abril de 2026 a las 21:55:06 horas

Xornal21.es
Miércoles, 24 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

De Ponteareas a UEFA

O concello de Ponteareas e a Federación Galega de Fútbol presentaron o curso de adestrador de fútbol avanzado que capacitará a vinte mozos e mozas para adestrar en calquera país da UEFA

O Concello de Ponteareas e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol presentaron en Ponteareas o Curso de Adestrador Avanzado de Fútbol-UEFA A que se imparte xa nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local.

 

Por vez primeira Ponteareas acolle este curso que permite ao alumnado adestrar todas as categorías de fútbol en todos os países da UEFA sen ter que convalidar titulacións ou pasar novas probas.

 

Este curso capacitará a vinte mozos e mozas que terán un recurso laboral máis, así o destacou o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, na apertura do curso ao que asistíu acompañado da concelleira de Comercio e Hostalería, Inés Vidal, do director da escola de adestradores da federación, Manuel Mosquera e do coordinador dos cursos José Luis Mosquera.

 

Ponteareas é unha das poucas localidades que acollerán nesta tempada 18-19 os cursos de Adestrador Avanzado.

 

“Agradecemos á Federación a impartición deste curso na nosa vila, sabemos que é unha oportunidade única e que son poucas as vilas que se benefician desta formación que prepara futuros profesionais e que abre a porta a moitos mozos e mozas a novas expectativas laborais”, sinalou Xosé Represas.

 

A Tenente de Alcalde tamén agradeceu a confianza da Federación que xa impartíu en Ponteareas os curso de monitor e de adestrador básico de fútbol UEFA B.

 

A labor formativa desempeña un papel extraordinariamente importante dentro da Federación, e por extensión no fútbol galego. A Escola Galega de Adestradores é unha auténtica universidade do fútbol, e cada ano son centos os alumnos que pasan polas súas mans. Eles son os formadores dos nosos futbolistas e a preocupación do departamento que dirixe Manuel Mosquera é que estean o mellor preparados posible. Que esa formación que cada técnico imparte en cada recuncho de Galicia teña as máis amplas garantías e que estea avalada por unha formación de calidade con un título acreditativo da mesma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.