MOS
Mos segura que "reduce á metade" a resolución da limpeza de fincas
Elimínase unha fase do procedemento conforme á nova normativa vixente
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Medio Ambiente, Cándido Pérez, informaban onte da axilización dos expedientes de imposición de orde de execución para limpeza de fincas grazas á eliminación dunha das fases da tramitación, conforme á nova normativa vixente.
Ata o de agora o procedemento constaba de tres fases: incoación, imposición e subsidiaria e agora redúcese a dúas fases: incoación e subsidiaria. Mediante a incoación o Concello requírelle ao propietario que proceda á limpeza da finca en cuestión nun prazo de 15 días baixo apercibimento de sanción en caso contrario. Tras esta fase de incoación, a administración local procede á execución subsidiaria, isto é, se o propietario non limpou a finca no prazo establecido, executa a limpeza o propio Concello que lle pasaría os custes ao primeiro e procedería á apertura do correspondente expediente sancionador.
Coa reducción desde procedemento a só dúas fases, os tempos de resolución deste tipo de expedientes rebáixanse, por norma xeral, á metade.
A maiores, o Concello de Mos solicitou tamén a adhesión ao Convenio da Xunta de Galicia para a Xestión das Redes Secundarias, o que lle permitirá á administración local aínda unha maior axilización da tramitación dos expedientes de limpeza de fincas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168