Martes, 30 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 23 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán celebra o mércores o 'Día da Biblioteca' cun contacontos infantil

O Concello de Nigrán celebra mañá mércores o Día da Biblioteca co contacontos de Raquel Queizás 'Raposadas' ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal. Cunha duración de 50 minutos, trátase dun espectáculo de contos de tradición oral protagonizado por animais con obxectos e monicreques e está dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos e as súas familias.

 

A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo...

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.