TUI
O PP de Tui destaca as inversións da Xunta na cidade
Os orzamentos da Xunta para o ano 2019 presentan "un claro compromiso cos tudenses" segundo o PP
Dende o Partido Popular de Tui, fan unha valoración mais que positiva dos orzamentos para o 2019 e manifestan a súa "gran satisfacción polo compromiso mostrado pola Xunta de Galicia con Tui".
"En materia de inversións, destacan os 3.088.758€ que se destinarán a avanzar na VAP Tui-A Guarda, permitindo o enlace da Área Empresarial de Areas coa A-55, conectando directamente o polígono de Areas con esta vía de altas prestacións, atendendo así as demandas dos veciños e usuarios do polígono ao mellorar a conexión desta importante zona industrial" aseguran os populares.
"Comprométense tamén 1.000.000€ para o novo edificio xudicial que permitirá que este equipamento sexa unha realidade no primeiro semestre do ano 2019. As obras do novo edificio rehabilitando a antiga edificación do centro de saúde que xa están iniciadas, albergarán as dependencias dos tres xulgados de instancia e instrución cos que conta a nosa cidade así como rexistro civil, forensía, fiscalía e dependencias para avogados e procuradores. Trátase dun ambicioso proxecto moi necesario e co que se resolverán as necesidades actuais da Administración de Xustiza en Tui, garantindo as mellores dotacións públicas e beneficiando a tódolos cidadáns do partido xudicial que fagan uso desta nova infraestrutura" explican dende o PP local.
Outra partida importante, indican dende o PP, son "os 400.000€ que contempla o proxecto de orzamentos do ano 2019 da Xunta de Galicia para a realización do novo CEIP de Pazos de Reis. Un equipamento que mellorará a atención educativa das alumnas e alumnos do centro. A construción dun novo centro moderno, debidamente equipado e que contemple o espazo axeitado para o desenvolvemento da actividade escolar é unha demanda á que se dará resposta con este primeiro paso".
Para o PP de Tui "a Xunta de Galicia demostra así que é a administración que, a un nivel superior ao local, máis inverte en Tui. Trátase duns orzamentos que presentan inversións clave para o desenvolvemento e futuro da nosa cidade".
Pola súa parte, o proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas contempla tamén "dúas importantes medidas que son de gran transcendencia para os veciños e veciñas afectados pola catástrofe de Paramos.
Así, establécense novas deducións fiscais relacionadas coas axudas amparadas polo Decreto da Xunta de Galicia 55/2018 do 31 de maio" indican.
Por outro lado, contémplase "a modificación da Lei do Solo de Galicia, engadindo unha disposición adicional que permitirá autorizar a reconstrución coas mesmas características volumétricas que tiñan, dos edificios, construcións e instalacións afectados por situacións declaradas como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil" segundo explican dende o PP.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122