MOS
Arévalo asegura que conxelará "todos os impostos municipais en 2019"
A administración local aprobará no vindeiro Pleno unha reducción na taxa de vados dun 75%
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou esta semana de que dende o Concello de Mos estase a traballar no orzamento municipal para o vindeiro ano 2019, atopándose xa rematado o estado de ingresos.
No relativo ao estado de ingresos a rexedora local anunciou que o vindeiro 2019 continuarase coa conxelación de impostos e taxas municipais que se ven mantendo dende os últimos 6 anos consecutivos, reducirase a taxa que vados –cunha modificación da ordenanza fiscal reguladora que será aprobada en Pleno o vindeiro luns 29 de outubro- e boníficanselles ás empresas de nova impantación en Mos varios impostos e taxas municipais.
A conxelación dos impostos municipais produciuse no 2012 e ven sendo efectiva durante os pasados exercizos económicos do 2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e o actual 2018. Ademais dende o ano 2014 o Concello de Mos incorporou reduccións nalgúns impostos e taxas municipais, así como bonificacións nos mesmos para certos colectivos.
Grazas á mencionada conxelación, os importes dos impostos e taxas municipais seguirán bloqueados durante o 2019 e non experimentarán subidas que graven ós contribuíntes mosenses.
A maiores producirase unha reducción do 75% na taxa de vados para a que se aprobará en Pleno unha modificación da ordenanza. O Concello de Mos levará a aprobación na sesión plenaria ordinaria do vindeiro luns, 29 de outubro, a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calqueira clase, que implicará unha importante reducción nas tarifas da devandita taxa.
A base tributaria estará constituída, segundo ó feito impoñible: polo número, en metros, da lonxitude da entrada, polo número de prazas no caso de garaxes comunitarios e, no caso da placa de vado, a mesma non terá base impoñible e se aplicará unha tarifa fixa.
As tarifas coa nova ordenanza serán: para entrada de vehículos en vivendas unifamiliares, por metro lineal e ano, 15 euros; para entrada de vehículos en garaxes comunitarios, por metro lineal e ano 20,00 euros, -multiplicados por diferentes coeficientes en función de se son de 2 a 9 prazas, de 10 a 19 prazas, de 20 a 29 prazas, de 30 a 39 prazas ou de 40 a 49 prazas (cando o número de prazas exceda de 49 irase calculando a taxa por tramos de dez en dez e multiplicando polo coeficiente que corresponda)-; para a entrada de vehículos en garaxes ou locais para a garda de vehículos podendo realizar reparacións destes, prestación de servicios de engraxado, lavado, petroleado, etc., ou repostar carburantes, por metro lineal e ano 25 euros -calculándose a taxa do mesmo xeito ca nos garaxes comunitarios-; para a entrada de vehículos en almacéns ou similares, por metro lineal e ano 35 euros; para a reserva de aparcadoiros para carga ou descarga de mercadorías, por metro lineal e día 25 euros e para a reserva de espazos en vías públicas para carga ou descarga de materiais de construción, formigóns, mudanzas, etc., por día 40 euros.
E por último, as bonificacións ás empresas de nova impantación en Mos aplícanse nos Impostos de Bens Inmobles, Imposto de actividades económicas, Imposto de instalacións, construcións e obras e as Taxas pola prestación de servicios urbanísticos ou equivalentes e a Taxa pola apertura de establecementos.
No Imposto sobre bens inmobles (IBI), no Imposto sobre actividades económicas (IAE) e no Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) as porcentaxes de bonificación son dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo, dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo e dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Nas Taxas pola prestación de servizos urbanísticos ou equivalentes e pola apertura de establecementos, establécese a non suxeición a dito tributo ós autónomos e empresas que soliciten licenza de obra, de apertura, ou verificación “a posteriori” de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo.
Todas as bonificacións manteranse durante tres exercizos orzamentarios, e concederanse a petición do interesado, unha vez que acredite que se cumpren as condicións requeridas para ser beneficiario de ditas bonificacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168