MOS
O BNG de Mos denuncia que "a Xunta modifica a lei do solo para permitir o proxecto do Celta"
Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do GM do BNG en Mos, carga contra o PP nun comunicado no que asegura que "para certas cuestións está claro que o PP anda lixeiro, sobre todo para actuacións que supoñen un pelotazo urbanístico coma o que se pretende levar a cabo polo Real club Celta en Mos".
O Bng de Mos explica que xa viña avisando "de que é ilegal esa actuación porque non está recollida na Lei do Solo do ano 2016, pero aparece rauda e veloz a Xunta de Galicia e modifica dita lei no artigo 12 do título II de medidas administrativas da Lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta para o 2019".
"A Xunta incide sobre o proceso posterior á modificación coa creación do artigo 117 bis da Lei do Solo. Este artigo bis legaliza ese proceso posterior, consistente en que unha administración expropia e un particular ou empresa pode ser a beneficiaria desa expropiación" explica Aldea.
"Todo esta lexislación lembra ao 'axente urbanizador', que remite aos peores períodos da época do urbanismo da Comunidade Valenciana, e que deron lugar aos peores casos de corrupción que se lembran no Estado español" asegura o Portavoz nacionalista.
Aldea Moscoso remata indicando que "a Xunta anda lista para estas cousas, apura para defender os intereses dos grandes empresarios, pasando sen dubidar un segundo, por riba de Comunidades de augas e montes, que o que fan é defender os montes e os recursos naturais".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168