Martes, 30 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 26 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán entrega os premios do 'I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras'

O Concello de Nigrán entregou onte os premios do seu 'I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras', nacido co obxectivo de concienciar ao veciño e ao visitante da flora que ameaza o ecosistema dunar de Praia América-Panxón e difundir entre a poboación o seu coñecemento co fin de preservar a biodiversidade local. Á mesma acudíu María Gutiérrez Cedrón, gañadora cunha imaxe na que se pode ver a unha parella de gorrións posada en sendas herbas da pampa, e o terceiro clasificado, Álvaro Rodríguez Pérez.   A gañadora e o segundo clasificado, Fernando De la Peña (quen non puido asistir ao acto) recibiron un bono por un curso de surf semanal a cargo de Prado Surf, o terceiro, Álvaro Rodríguez, un cargador de móbiles solar.

 

O xurado valorou de Gutiérrez a calidade técnica e artística da imaxe, a capacidade para comunicar visualmente a existencia desa invasora e a orixinalidade e creatividade da mesma, xa que mestura fauna autóctona con flora foránea.

 

O Concello de Nigrán forma parte da Red de Gobiernos Locales por la Biodiversidad da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e, consecuentemente, encadra esta iniciativa de caracter educativo e divulgador na súa firme aposta pola conservación e protección do ecosistema dunar de Praia América-Panxón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.