Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 27 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A tirolesa da 'Pesqueira' rebentada por uns vándalos

Atópase inhabilitada e o Concello está a realizar labores de reparación

Dende a concellería de Medio Ambiente, Parques e Xardíns e Revalorización de Espazos Públicos do Concello de Mos, que dirixe o edil Cándido Pérez, denúnciase o acto vandálico que causou desperfectos e inhabilitou a tirolina do Parque da Pesqueira, na parroquia de Mos.


O elemento roto do parque infantil mosense atópase agora precintado á espera de recepcionar a peza necesaria para reparala e proceder ao seu arranxo e espérase que en poucos días poida volver a estar operativo para uso e desfrute dos moitos cativos que diariamente xogan nesta área de lecer municipal.


Neste sentido o concelleiro Cándido Pérez lamentou que “se produzan este tipo de actos vandálicos cos que o único que consegue é perxudicar a tódolos veciños e veciñas de Mos en xeral e aos nenos e ás súas familias en particular, e cargar de gastos ás arcas municipais ademais de mermar a calidade de vida dos mosenses e gravar ó Concello que, ó fin e ó cabo, somos todos”. Pérez lembrou, por último, que “esta xa é a segunda vez que un acto vandálico destroza a tirolina do Parque da Pesqueira, posto que o ano pasado sucedeu o mesmo e tivo tamén que ser reparada”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.