GALICIA
Feijóo avoga por seguir impulsando a arbitraxe como mecanismo efectivo de resolución de conflitos e diminuír o colapso da Administración xudicial
“Estamos falando de ofrecer as maiores garantías e de apoiar e incentivar un sistema que contribúa a aliviar o colapso da Administración de Xustiza, que diminúa a necesidade de utilizala dando solución e acordo”, incide
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou esta semana por seguir impulsando a arbitraxe como mecanismo efectivo e lexítimo de resolución de conflitos e diminuír o colapso da Administración xudicial. E aseverou que unha das claves para seguir estendendo este sistema, e para que día a día sexa máis útil aos cidadáns e á Xustiza, é que a sociedade teña cada vez máis confianza neles.
“Estamos falando de ofrecer as maiores garantías e de apoiar e incentivar un sistema que contribúa a aliviar o colapso da Administración de Xustiza, que diminúa a necesidade de utilizala dando solución e acordo aos distintos intereses que conforman un suposto”, afirmou, durante a clausura do I Congreso de Arbitraxe e Xurisdición.
Consciente de que vivimos unha xudicialización crecente na nosa sociedade, o titular da Xunta incidiu en que cobra cada vez máis importancia o apoio ao mecanismo de resolución de conflitos como a arbitraxe. E, nesta liña, resaltou, a modo de exemplo, que a Administración autonómica atopou na vía da arbitraxe unha enorme oportunidade para solventar o problema das preferentes; para, ante as entidades financeiras que estaban intervidas, buscar fórmulas non xudiciais e solucionar un problema que en Galicia afectaba a 70.000 familias. “Se non se empregase esa vía pactada, protocolizada, profesional e con garantías, probablemente a litixiosidade en preferentes colapsaría aínda máis o sistema xudicial e habería moitos preitos pendentes”, abundou.
Recorda que a Xunta está ademais comprometida con outras moitas iniciativas para tratar de facer unha Administración de Xustiza máis eficaz, máis moderna, máis áxil e máis útil aos cidadáns
Así mesmo, recordou que o Executivo autonómico está ademais comprometido con outras moitas iniciativas para tratar de facer unha Administración de Xustiza máis eficaz, máis moderna, máis áxil e máis útil aos cidadáns.
Ao respecto, destacou o ambicioso Plan de modernización tecnolóxica nos xulgados galegos, con case 50 millóns de euros de investimento para facer da Xustiza galega unha Administración do século XXI, co expediente dixital e traballando decididamente para acadar o papelame cero.
“E incrementamos ano tras ano as partidas destinadas á Xustiza nos orzamentos da Xunta e estamos acabando de executar o Plan de infraestruturas xudiciais, o maior investimento en edificios xudiciais efectuada nunca na Comunidade”, engadiu.
E, sobre o Plan de infraestruturas xudiciais, subliñou que os máis de 100 millóns de euros deste plan permitiron: estar en plenas obras de rehabilitación do antigo Hospital Xeral de Vigo para dotar a cidade dunha Cidade da Xustiza nun edificio emblemático; ter case acabadas as obras apra que Pontevedra dispoña dun novo edificio xudicial; contar con novos edificios xudiciais en Ourense e Santiago; e ter, na Coruña, un inmoble histórico como a Fábrica de Tabacos, completamente rehabilitado e recuperado para a Administración de Xustiza, para a cidade e para todos os cidadáns.
En relación á necesidade de ampliar a planta xudicial, Feijóo aseverou que, se ben esta decisión depende do Goberno central, “as peticións de ampliación sempre as fixemos consensuadas co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217