Mos
Victoria Alonso será candidata á alcaldía de Mos polo PSdG-PSOE
As e os militantes da agrupación socialista de Mos veñen de celebrar unha asemblea na que ratificaron a súa Secretaria Xeral como candidata a optar a alcaldía de Mos nas eleccións municipais do próximo mes de maio.
A candidata, Victoria Alonso, tratou de transmitirlle as e os seus compañeiros a súa idea de "proxecto local cheo de ilusión e baseado en devolverlle ao concello a vitalidade que lle foi arrebatada". Di “levamos 10 anos de goberno da dereita onde o único que fixeron foron afogarnos cos impostos e agora din estudar a posibilidade de baixalos unicamente como venta electoralista”.
Pon en valor "o traballo das compañeiras concelleiras e quere resaltar a loable labor que fixo ata o momento a portavoz, Patricia Pérez, quen foi un pilar fundamental do Partido Socialista nestes últimos 4 anos".
Agradece "a confianza depositada nela por parte da militancia e asegura que vai poñer o mellor da súa parte para lograr o cambio de goberno que fai falla en Mos", ademais asegura que" estes momentos de debilidade do PP por embarrarse en cuestións coma o proxecto da cidade deportiva suporalle o fin as lexislaturas das cacicadas e empezar a gobernar pensando no que realmente importa, a veciñanza".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168