Viernes, 17 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 16 de Abril de 2026 a las 22:53:25 horas

Xornal21.es
Lunes, 29 de Octubre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta completará o proxecto de mellora de seguridade da estrada PO-403, en Ponteareas

O Goberno galego, dado que a maior parte dos alegantes solicitou beirarrúas para completar un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da estrada no treito da actuación, atenderá a petición para mellorar a seguridade dos peóns

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se resolve o expediente de información pública do proxecto de mellora da seguridade viaria da estrada PO-403, ao seu paso por Ponteareas, ao incorporar a execución de 300 metros de novas beirarrúas.

 

A Xunta, dado que a maior parte dos alegantes ten solicitado a execución de beirarrúas para completar un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da estrada no treito obxecto da actuación, atenderá a solicitude para mellorar a seguridade dos peóns. Isto require a realización de expropiacións adicionais, polo que se redactará un proxecto construtivo cunha nova proposta. No seguinte enlace, máis información: https://goo.gl/3D8u5c

 

As actuacións previstas polo departamento de Infraestruturas da Xunta desenvolveranse no treito comprendido que se inicia despois do enlace coa A-52 (punto quilométrico 8+600) e o final da travesía de Angoares, preto de Ponteareas (punto quilométrico 10+200).

 

As principais intervencións previstas teñen como obxectivos a mellora e reordenación das interseccións con maior accidentalidade, mediante a execución de cuñas de desaceleración ou aceleración, que faciliten os movementos de saída e incorporación á estrada autonómica para evitar a probabilidade de alcance e incrementar a visibilidade.

 

 

 

 

Isto require a realización de expropiacións adicionais, polo que se redactará un proxecto construtivo cunha nova proposta

 

 

 

 

Na súa execución tamén se prevé a creación de puntos específicos nos que se realicen os xiros á esquerda e cambios de sentido con suficiente visibilidade, o que permitirá ademais reordenar outras interseccións próximas, limitando xiros que non se realizan actualmente nas condicións desexables de visibilidade.

 

Con esta intervención tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade, mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións ou a ampliación da beirarrúas no paso de peóns.

 

Esta proxecto enmárcase na estratexia do Goberno galego para actuar nas estradas autonómicas e suprimir os tramos identificados como treitos de concentración de accidentes ao longo desta lexislatura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.139

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.