Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 03 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Concello, Colexio e ANPA da man nas melloras do CEP Altamira

A Xunta de Galicia ven de acometer as obras pendentes no comedor escolar do CEP Altamira. O Concello deu traslado por escrito dende o primeiro momento a Consellería de Educación das necesidades pendentes no comedor Altamira e, en contacto contínuo coa dirección do centro e coa ANPA fóronse producindo os pasos precisos ata acadar este compromiso por parte da Xunta de Galicia.

 

Dende o Concello de Salceda de Caselas veñe de emitir un comunicado no que sinalan que "lamentan dende o Equipo de Goberno a actitude das concelleiras socialistas, que en todo momento desoíron as peticións feitas dende o propio centro de non empregar o colexio de xeito partidista na batalla política, e de que se lles deixase un prazo para rematar os acordos coa Xunta de Galicia. Así, mentres se conseguían os compromisos precisos para o remate do comedor, as concelleiras socialistas adicáronse a alarmar aos pais e nais e a crear unha imaxe degradante do ensino en Salceda que para nada se corresponde coa realidade, faltándole ó respeto á comunidade educativa”.

 

Dende a dirección do centro deuse traslado ao Concello das obras comprometidas pola Xunta de Galicia, e que permitirán ter o comedor rematado a finais deste ano, para poder telo en pleno funcionamento no comezo do segundo trimestre deste curso. Tanto o equipo directivo como o Concello agradeceron a paciencia e comprensión dos pais e nais, e lembran que dende o primeiro momento se estivo en contacto contínuo coa Xunta de Galicia para para ter as instalacións nas mellores condicións no menor prazo de tempo.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.