GALICIA
Medio Ambiente e FEGAMP colaborarán en materia de cambio climático e fauna silvestre
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o presidente da Fegamp mantiveron esta mañá o primeiro encontro de traballo, desde que Vázquez Mejuto asumiu as competencias de medio ambiente, ordenación do territorio e vivenda
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, mantiveron a semana pasada o primeiro encontro institucional, desde que Vázquez Mejuto asumiu novas responsabilidades no actual Goberno da Xunta; onde manifestaron a súa total consonancia para reforzar e manter a colaboración en materia de cambio climático e de fauna silvestre.
Ángeles Vázquez tamén lle trasladou que un dos eixes para o presente e o futuro do Goberno galego é a loita contra o cambio climático. Salientou que a premisa “Pensa global, actúa en local” é un bo resumo do papel que xogan os concellos no reto de mitigar os efectos deste fenónemo; polo que invitounos a participar e a continuar con esta liña de traballo, para poder desenvolver en Galicia máis medidas que nunca contra este fenómeno mundial.
Salienta o papel dos concellos na loita contra o cambio climático e invita ás administracións locais a sumarse ao Pacto dos alcaldes para o Clima e a Enerxía, para poñer en marcha plans específicos que sumen na carreira de acadar os obxectivos europeos para o ano 2020 en materia de clima e enerxía
![[Img #46165]](https://xornal21.com/upload/images/10_2018/1797_181031-fegamp-007c.jpg?22)
Neste sentido, recordou que a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050 será o documento que guiará a actuación da Xunta e unha das ferramentas coas que se contará será o Pacto dos alcaldes para o Clima e a Enerxía, ao que se destinará un investimento de 300.000 euros, co obxectivo de axudar aos concellos a poñer en marcha plans específicos que sumen na carreira de acadar os obxectivos europeos para o ano 2020 en materia de clima e enerxía.
Xestión da fauna silvestre
Ambos representantes coincidiron en que os danos provocados pola fauna silvestre son unha preocupación e un problema do que o Goberno galego é “completamente consciente”. Así, nos orzamantos de 2019 habilitarase unha partida de 1,4 millóns de euros que permitirá sacar unha nova liña de axudas por danos causados polo xabaril (dotada con 800.000 euros) e polo lobo (350.000 euros); así como outra orde de prevención dos danos provocados pola fauna silvestre (dotada con 300.000 euros).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141