Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 02 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos propón cinco enmendas ao Orzamento 2019 da Xunta

Despois de reunirse coas deputadas de 'En Marea' do Parlamento Galego

Gañamos reuníase o pasado  mércores en Mos coas deputadas de En Marea do Parlamento Galego para recoller as necesidades de Mos e trasladalas aos Orzamentos 2019 da Xunta, xa que “nos redactados e presentados polo Partido Popular non se recolle nin unha soa partida específica para Mos” segundo aseguran. A reunión tamén asistiron as e os compañeiros da marea de Porriño, EU Son Porriño.

 

Entre as enmendas ao Orzamento 2019 da Xunta atópase o saneamento, explican que “hai zonas de Mos que aínda non contan co acceso ao saneamento por iso demandamos á Xunta que contemple nos Orzamentos de 2019 unha partida de inversións a través do Consorcio do Louro para dotar deste servizo básico as e os veciños de Mos que aínda carecen de el”.

 

Tamén se pide dende Gañamos “unha remodelación urxente para dotar ó Centro de Saúde dunhas instalacións modernas e adecuadas ao servizo que prestan”  xa que aseguran “o edificio que alberga o Centro de Saúde en Mos está moi deteriorado”.

 

 

Outra  vella demanda do grupo municipal GañaMós é a creación dun  centro comarcal de atención  sociocosanitaria nas antigas instalacións do Hospital Psiquiatrico do Rebullón “que ademais conta co apoio refrendado nos seus respectivos plenos de todos os Concellos da Comarca. Hai unha gran demanda veciñal dun centro público comarca que atenda as necesidades sociosanitarias das e dos nosos maiores e que mellor instalacións para albergar este centro asistencial que ás antigas instalacións do Hospital Psiquiátrico do Rebullón que aínda están en bo estado de conservación”

 

Outra enmenda pide o acceso directo dende a rotonda das Angustias á autovia A-55 dirección Vigo xa que “as obras que está acometendo a Xunta para remodelar as rotondas das Angustias e Costilleta en Mos non contemplan a realización dun acceso directo a autovía A-55 dirección Vigo para os vehículos que circulan dende a rotonda das Angustias ata rotonda do Costilleta. Deste xeito se aliviaría o denso tráfico da colapsada rotonda do Costilleta, xa que nas obras proxectadas non se acomete ningunha medida deste tipo”.

 

Por último piden a “mellora da seguridade dos pasos de peóns no barrio da Florida na estrada PO-331 Porriño-Gondomar ao seu paso por Mos”.

 

Sinalan que “na estrada PO-331 ao seu paso pola zona residencial do barrio da Florida hai un paso de peóns do que a veciñanza da zona leva anos queixándose pola súa perigosidade. De feito as e os veciños organizáronse para recabar sinaturas apoiando a súa reclamación dunha actuación da Xunta para garantir a seguridade víal en dito paso de peonil. Ata agora tanto o Concello de Mos como a Xunta non fixeron máis que dar largas prometendo unha actuación que non chega a realizarse”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.