Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 05 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
OIA

A Oficina de Turismo de Oia acolle unha oficina de atención a afectados pola revisión catastral

O servizo funcionará os días 5 e 6 de novembro con cita previa

As persoas afectadas polo proceso de revisión catastral que está levando a cabo a Dirección Xeral do Catastro poderán resolver as súas dúbidas a través dun servizo de atención que funcionará, con cita previa, os próximos 5 e 6 de novembro na Oficina de Turismo de Oia.

 

Este servizo está posto en marcha polo Concello de Oia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co obxectivo de que os afectados pola revisión catastral podan facer as súas consultas sen terse que desprazar ata Pontevedra.

 

As consultas serán atendidas os días 5 e 6 de novembro na planta baixa da Oficina de Turismo de Oia (Praza da Centinela, Santa María de Oia) polo persoal dunha empresa especializada. O horario de atención será desde as 9.00 ata as 13.30 horas.

 

En función da demanda de solicitudes o servizo poderá ampliarse.

 

Servizo con cita previa  

As persoas interesadas en acudir ao servizo de atención a afectados pola revisión catastral deberán pedir cita no teléfono 986.36.21.25 (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas).


O servizo é soamente para as persoas contribuíntes afectadas polo proceso de revisión catastral que xa recibisen a notificación. Así, deberán acudir ao servizo de consultas co recibo e coa notificación relativa aos bens dos que se trate.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.