Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 13:35:34 horas

Xornal21.es
Miércoles, 07 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O alcalde de Tui viaxa a Madrid para pedir colaboración no desaloxo da pirotecnia

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, viaxa hoxe, mércores 7 de novembro, a Madrid para solicitar o desentullo da zona Cero do barrio da Torre de Paramos e a colaboración no desaloxo da pirotecnia de Baldráns nos Ministerios de Política Territorial e Interior.


O alcalde trasladarase a Madrid, logo de transcorridos dous meses, dende o 8 de setembro, cando o rexedor tudense presentou o proxecto de desentullo realizado polo Concello na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, e non ter obtido resposta algunha sobre as previsións por parte do ministerio.


Por outra parte a comezos de outubro remitiu unha carta á ministra de Política Territorial e función pública, Meritxell Batet, na que daba conta das consecuencias da explosión do 23 de maio en Paramos, nesa misiva que tampouco obtivo resposta, o rexedor trasladaba  á ministra que o proxecto de desentullo, encargado polo concello de Tui, xa fora presentado na Subdelegación de goberno, e explicaba a necesidade dos veciños de que os traballos para o desentullo comecen canto antes para poder iniciar tamén as obras de reconstrución, construción e reforma das vivendas.


Mentres que ante o Ministerio de Interior o alcalde reiterará a solicitude para que o goberno colabore no desaloxo da pirotecnia con sede en Baldráns, para dar cumprimento á sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra.


O obxectivo desta visita é manifestarlle aos ministerios competentes do goberno español que en Tui teñen asuntos pendentes de atender e que desde o concello lles agradeceremos moito que os atendan.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.