Domingo, 08 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 04 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
Provincia

Máis de 300 persoas participarán esta próxima semana no programa Depotermal 2018

Desde este domingo e ata o vindeiro venres 9 de novembro, un total de 303 persoas da provincia maiores de 50 anos poderán gozar dunha nova edición do programa "Depotermal", organizado pola Deputación de Pontevedra.

 

Máis polo miúdo, na modalidade diúrna, participarán 54 persoas que virán do concello de Vigo. Estas veciñas e veciños acudirán durante cinco días, desde o luns 5, a gozar dos circuítos termais do Acquaform Termas de Cuntis.

 

Pola súa banda, esta semana participarán na modalidade con pernoita ata 249 veciñas e veciños que sairán dos concellos de Baiona, Mondariz, O Porriño, Vigo e Pontevedra. Máis polo miúdo, aloxaranse en réxime de pensión completa, con acceso diario aos circuítos termais, desde este domingo 4 e ata o vindeiro venres, 36 persoas no Gran Talaso de Sanxenxo, 55 persoas no Hotel Louxo La Toja, outras 33 persoas no Balneario de Cuntis, 30 persoas no Hotel Novo Astur, e outras 95 persoas no Hotel Carlos I Silgar.

 

O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra ten por obxectivos promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, impulsar o establecemento de novas relacións sociais, favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciar espazos de encontro e intercambio de experiencias e evitar o illamento e situacións de soidade. Ademais, o programa tamén permite dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando, así, a demanda.

 

Ao igual que nas anteriores edicións, "Depotermal 2018" conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. Da asistencia diúrna vanse aproveitar 1.180 persoas, mentres que con pernoita haberá 2.878 persoas. En total son 4.058 persoas beneficiarias. Deste total de prazas a institución provincial financia integramente máis de 400 prazas para que familias en situación e/ou risco de exclusión social se poidan beneficiar deste programa.

 

Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra está dirixida a persoas empadroadas na provincia nadas antes do 1 de xaneiro de 1968, ou aquelas que nacendo con posterioridade son pensionistas, teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 % ou precisan dun respiro familiar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.