Sábado, 07 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 02 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
Provincia

A Deputación incorpora tres novos camións multifunción

O deputado Uxío Benítez presentou o vehículo que desde mañá comezará a traballar na zona de Lalín e anunciou a contratación de dous máis para os parques de Ponteareas e A Estrada

O Departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai incorporar en breve tres novos camións multifunción para as brigadas de conservación da rede de estradas provincial. O deputado Uxío Benítez presentou esta semana no parque de maquinaria de Pontevedra o vehículo que se trasladará ao parque de Lalín para dar servizo á zona. Tamén anunciou que na Xunta de Goberno do vindeiro luns se aprobará a contratación doutros dous camións das mesmas características para os parques de Ponteareas e da Estrada.

 

[Img #46220]

 

"Acabamos de recibir un novo equipamento para o Servizo de Mobilidade, un camión de cabina dobre, caixa basculante e grúa articulada que tivo un importe de 77.000 euros. Esta adquisición é unha aposta do novo Goberno para fomentar unha maior calidade no traballo das equipas das brigadas de conservación das estradas. A nosa aposta é dotar de medios aos nosos traballadores para que poidan atender as súas funcións coa mellor calidade posible", explicou Benítez.

 

Segundo sinalou o nacionalista, os vehículos que cumprían coa función das novas incorporacións ata o de agora tiñan moitos anos de traballo, polo que se tomou a decisión de renovalos para prestar un servizo máis funcional e eficiente na conservación, emerxencias e vialidade que fan as brigadas diariamente nas estradas provinciais.

 

As brigadas da zona Sur son as que atenden a maior extensión do territorio da provincia (Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, A Lama, Mondariz, Mondariz Balneario, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Redondela, Tomiño, Tui, Vigo, Ponte Caldelas, As Neves, Oia, Nigrán, Baiona, Pazos de Borbén e Mos). Fano desde as bases de Gondomar e Ponteareas.

 

A zona Norte da provincia, á que dan servicio tres brigadas dos parques de Codeseda e Lalín, atende aos concellos de Cerdedo, Dozón, A Estrada, Forcarei, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Finalmente, a zona centro da provincia (formada polas vías dos concellos de Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, Cuntis, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Pontecesures, Pontevedra, Portas, Poio, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa) é atendida polas brigadas con base no parque de maquinaria de Pontevedra.

 

Os medios e maquinaria a disposición das brigadas son motoniveladoras, palas de cadeas, retroescavadoras, rolos, tractores agrícolas, estendedoras, compactadoras e varredoras, biotrituradoras, camións con caixa abatible, camións cisterna, vehículos de reparación do firme, regadores, góndolas e limpa-praias, ademais doutros elementos menores como rozadoiras.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.