Sábado, 24 de Enero de 2026

Días de este evento:
Del Viernes, 09 de Noviembre de 2018 al Sábado, 10 de Noviembre de 2018

A Guarda

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita A Guarda o 9 e 10 de novembro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o vindeiro venres día 9 de novembro e sábado 10 de novembro.

 

Este autobús estará emprazado na Rúa Coruña, ao carón do Campo da Fínola o venres en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 21:00 horas e o sábado en horario de 10:00h a 15:00 h.

 

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

 

• Non esquezas traer o seu DNI.
• Non acudas sen almorzar e despois do xantar agarda 2 horas
• Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento

 

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

 

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.