Provincia
Cheo total nas visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior
Hoxe remataron as funcións que este ano aproveitaron as salas interactivas da musealización realizada no Castelo para realizar os percorridos cos seus antigos habitantes
O deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, asistiu hoxe ao castelo de Soutomaior para participar na última das visitas teatralizadas organizadas pola institución provincial, que se desenvolveron os días 14, 20, 21 e 28 de outubro e o 4 de novembro. Unha vez máis, a iniciativa da Deputación de Pontevedra "acadou un éxito absoluto" ao sumar un total de 300 participantes nas dez funcións que executou a empresa Troula Animación S.L. Neste eido, as prazas foron cubertas en menos de 24 horas e 5.000 persoas se quedaron en lista de espera.
Máis polo miúdo, as visitas teatralizadas, dunha duración de 45 minutos, achegaron ás familias da provincia as historias do castelo desde un punto de vista próximo, divertido e participativo. Ademais, para levar a cabo a actividade aproveitáronse as salas interactivas do castelo e, así, os participantes puideron facer percorridos polo edificio acompañados dos antigos habitantes do castelo, bufóns, cabaleiros, cociñeiros e cociñeiras, trobadores e trobadoras, e a gran novidade deste ano, a pantasma do castelo, “O Alemanote”.
Con estas visitas, que este ano celebran a súa terceira edición, o goberno de Carmela Silva quixo ofertar unha forma diferente de descubrir e coñecer o Castelo de Soutomaior dirixida a todas as persoas que integran a familia, dende as máis pequenas ás maiores, dun xeito divertido e interactivo no que as nenas e nenos puideron coñecer a súa historia dende un punto de vista máis próximo, converténdose cada visita nunha verdadeira aventura. Dende a reapertura do Castelo o pasado mes de maio, xa pasaron por Soutomaior 23.000 persoas, un 110% máis que no mesmo período maio-setembro de 2017.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186