Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 08 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Os cambios tecnolóxicos e sociais na mobilidade, a análise na feira ExpoBus Iberia

SERÁ NUNHA XORNADA QUE TERÁ LUGAR O SEGUNDO DIA DO CERTAME, O CAL SE CELEBRARÁ OS DÍAS 9 E 10 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A feira de transporte de viaxeiros por estrada ExpoBus Iberia, a cal terá lugar o 9 e 10 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda), acollerá un interesante programa de actividades orientado tanto aos visitantes como aos propios expositores do evento.

 

Entre as súas propostas figura unha xornada que analizará en profundidade os importantes cambios tecnolóxicos e sociais que se están a producir na mobilidade, a cal terá lugar o segundo día do certame.

 

A importancia do marketing na promoción da mobilidade será o tema co que comece este encontro, sendo o encargado de abordalo David Álvarez, da empresa Afora IT. A continuación Javier Cañestro, de GantaBI, falará sobre intelixencia artificial e as oportunidades do BigData (tratamento de grandes volumes de datos fora das análises e ferramentas clásicas) no transporte público.

 

Tras estes dous relatorios, debullaranse as “tecnoloxías embarcadas no autobús”, por parte de Aroa Carcavilla, da firma Veox Sistemas y Movilidad.

 

Clausura da xornada

O director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro, será o encargado de clausurar esta interesante xornada aportando a súa visión sobre o tema.

 

A continuación, os asistentes poderán participar nun cóctel patrocinado pola empresa Irizar e ao remate levarase a cabo a entrega de premios do concurso Mellor Condutor de Autocar de España, o cal xa se celebra nalgúns países europeos e estréase en España de man de ExpoBus Iberia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.