Martes, 30 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 12 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Xunta adxudica por máis de 83.000 euros melloras no IES Escolas Proval

Os traballos inclúen o acondicionamento na planta baixa dun espazo de 109,10 metros cadrados no que se localizarán tres vestiarios independentes

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de adxudicar por máis de 83.000 euros as obras de mellora dos aseos e vestiarios do IES Escolas Proval no Concello de Nigrán. Uns traballos que consistirán no acondicionamento na planta baixa dun espazo de 109,10 metros cadrados no que se localizarán tres vestiarios independentes; un masculino, outro feminino e un terceiro adaptado.

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, foi o encargado de anunciar unha actuación coa que se dá resposta á unha solicitude do propio centro escolar. A construción, datada no ano 1930, a penas sufriu variacións, salvo pequenas obras de conservación, mantendo intactos os seus usos orixinais. Na actualidade, un dos vestiarios fai as veces de almacén.

 

 

 

 

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, mailo xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, César Ares, visitaron hoxe o centro

 

 

 

 

Segundo informou o representante autonómico, o obxectivo desta última intervención é o de dar servizo de aseo ao alumnado tras as clases de ximnasia ou o uso do pavillón existente, creando espazos adaptados a esta necesidade e accesibles, en cumprimento da normativa vixente. O prazo de execución destes traballos é de dous meses.    

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.