GALICIA
A Xunta valora crear oito novos GES avanzando no mapa de emerxencias galego
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participaron o venres pasado nesta xuntanza, á que tamén asistiron representantes da Fegamp e das deputacións
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participaron o pasado venres na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais.
O obxectivo da xuntanza é seguir avanzando na mellora do mapa de emerxencias de Galicia, co obxectivo de prestar unha mellor asistencia, máis eficaz e rápida. Para acadar esta mellora, a Administración autonómica destacou a importancia da implicación do resto de administracións e lembrou que a Xunta xa reflicte o seu compromiso con este obxectivo nos orzamentos de 2019, onde recolle un importante aumento no investimento en emerxencias.
Na reunión do venres abordáronse, entre outros asuntos, o financiamento dos GES e as súas funcións, ademais da proposta da Xunta de incrementar o número de agrupacións. Tal e como ten trasladado noutras ocasións, a intención da Administración autonómica é crear ata 8 novos servizos de emerxencias, sempre contando coa colaboración de concellos e deputacións provinciais.
En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, aínda que solicitou unha maior implicación por parte dos concellos e das deputacións, que son os competentes na materia segundo a Lei de Emerxencias de 2007. En concreto, a Xunta trasladou unha proposta de financiamento, e quedou á espera da resposta do resto de administracións implicadas.
Xa no que se refire ás funcións, a Xunta corroborou a súa aposta pola especialización deste grupos en tarefas de protección civil e prevención de emerxencias, e limitar, polo tanto, a súa implicación noutro tipo de accións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136