VIGO
O Concello investirá 450.000 euros na cubrición da pista do Centro Cultural de Becerreira
Abel Caballero informou de que o Concello de Vigo aprobou en Xunta de Goberno a contratación das obras de cubrición da pista do Centro Cultural de Becerreira cun importe de licitación de 450.000 euros. Ademais, tamén saíu adiante a prórroga da vivenda para vítimas de violencia de xénero
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou na rolda de prensa celebrada este venres que o Concello investirá 450.000 euros na construción dunha pista cuberta no Centro Cultural de Becerreira.
A Xunta de Goberno Local do xoves aprobou a contratación das obras, segundo informou Caballero. "É moi importante, realmente é o teito dun pavillón de deportes, unha pista de futbito, baloncesto... é unha obra considerable, a primeira fase dun pavillón deportivo", sinalou o rexedor.
A actuación inclúe obras para a retirada do mobiliario existente e construción dunha nova pista, ademais da colocación da estrutura metálica, a instalación da cuberta, renovación do pavimento e instalación de luminarias.
Atletismo
Ademais, a Xunta de Goberno tamén aprobou sendas subvencións nominativas de 18.000 euros para o Real Club Celta de Atletismo e para o Club Atletismo Feminino Celta. Por último, obtivo o visto e prace a prórroga da vivenda municipal de protección de vítimas de violencia de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60