Galicia
Hoxe abre a campaña extractiva da centola e do boi na Coruña e Pontevedra
A Consellería do Mar abre hoxe a campaña extractiva da centola e do boi nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van da Guarda ata Cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de Cabo Corrubedo ata Cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña), a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2019, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión. No caso da parte que vai Cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a Ría do Barqueiro-, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 3 de decembro.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136