Martes, 30 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 13 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán multado por "non informar á poboación da contaminación"

NIGRÁN DECIDE esixe ao alcalde "que pague a multa, pois a veciñanza non ten porque pagar a súa irresponsabilidade nin a do seu goberno"

O concello de Nigrán ven de ser sancionado con 3.005,07 euros pola Consellería de Sanidade debido "a decisión do Alcalde de Nigrán" de “non informar á poboación na zona de baño, cun cartel no que, se prohiba o baño e se recomende absterse deste temporalmente por contaminación microbiolóxica na auga” durante o período de contaminación microbiolóxica acontecido o día 9 de agosto de 2017 na auga de baño da zona “AMERICA” e que o 20 de xullo de 2018 o Alcalde de Nigrán "ordenou pagar con cargo ao diñeiro de toda a veciñanza" explican dende NIGRAN DECIDE.


A veciñanza de Nigrán "non ten porque pagar co seu diñeiro as accións irresponsábeis do Alcalde e do seu goberno", sinala José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, que cualifica "estas actuacións, como mínimo, de grave neglixencia, para continuar   dicando que o grupo municipal presentará unha moción para que se abra un expediente de responsabilidade patrimonial ao alcalde para que abone persoalmente esta
sanción".


Cómpre destacar que o Concello de Nigrán recibiu o 9 de agosto de 2017 ás 12:27 horas un fax no que se comunicaba que “na análise microbiolóxica realizada na auga da zona de baño AMERICA recollida o 07/08/17, detectáronse (...) niveis de microorganismos que superan os valores aceptables establecidos de contaminación microbiolóxica na auga de baño ...”. Ante isto, o goberno púxose a investigar, detectando a causa da contaminación e solucionándoa horas despois, polo que, implicitamente, o goberno recoñece a existencia do episodio de contaminación e, sen embargo, "decidiu ocultala á veciñanza, mentres se solucionaba o problema, tal como sinalou a alcaldesa en funcións no pleno do día 26 de outubro de 2017".


De feito, segundo se desprende das declaracións do Concelleiro de Medio Ambiente "nese mesmo pleno, era práctica habitual do goberno municipal facer caso omiso ás recomendacións da Consellería de Sanidade" sinalando que “O procedemento que facemos cando hai un aviso de contaminación é comprobalo polos nosos medios, darlle paso á empresa municipal e que o comprobe”, en lugar de seguir as recomendacións realizadas ante estes episodios de contaminación, tal e como explican dende NIGRAN DECIDE.


"A comprobación que realiza o goberno realízase mediante controis visuais e a realización de novas analíticas de comprobación, que veñen tardando 24 horas, polo que alomenos durante este tempo decidían non informar á veciñanza de episodios de contaminación ao incumprir as recomendacións recibidas. Parece, polas declaracións do goberno nese pleno, que os controis visuais que realizan os membros do goberno son mais precisos que os controis analíticos", finaliza Cuevas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.