Galicia
A Xunta sinalizará as rutas do viño das Rías Baixas e do Ribeiro
Estanse a instalar novos sinais informativos tanto en zonas urbanas como en diferentes estradas para facilitar o acceso dos viaxeiros aos distintos recursos
A Consellería de Cultura e Turismo está a realizar a sinalización turística en dúas das cinco rutas do viño das denominacións de orixe galegas, a das Rías Baixas e a do Ribeiro. O calendario de actuacións para o vindeiro ano prevé tamén realizar estes traballos nos itinerarios de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras, completando así a que é unha das principais apostas deste departamento autonómico para impulsar o enoturismo en Galicia.
Ao abeiro destas accións, estanse a instalar novos sinais informativos tanto en zonas urbanas como en estradas para identificar os establecementos incluídos en cada unha das rutas e facilitar a localización dos recursos destas zonas. A esta sinalización súmase o apoio decidido e estable ás Rutas do Viño a través dos máis de 230.000 euros para a súa promoción ata o ano 2021 que inclúe a posta en marcha das xornadas de portas abertas, que este ano celebraron a súa sétima edición co respaldo da Xunta.
O turismo ligado á enoloxía é tido moi en conta na folla de ruta do Goberno galego, como así o demostra o futuro plan Galicia Sabe, aliñado coa Estratexia do Turismo de Galicia 2020, un dos compromisos desta lexislatura para impulsar a tradición culinaria e produtos autóctonos como os viños galegos, mellorando á súa vez a competitividade e o emprego do sector primario.
Experiencias turísticas
Nesta mesma liña, Galicia conta xa con diferentes experiencias turísticas ao redor da cultura vitivinícola en Galicia como Paseando entre viñedos, un dos dez produtos cabeceira de marca da Comunidade que promove o coñecemento das zonas vitivinícolas combinándoo con visita a adegas; ou os Trens Turísticos de Galicia, nos que boa parte dos itinerarios inclúen visitas a algunha das zonas das denominacións vitivinícolas.
Amais, ao abeiro das axudas outorgadas pola Consellería de Cultura e Turismo a xeodestinos, concellos e entidades locais para impulsar o seu desenvolvemento turístico tamén se puxeron en marcha experiencias nesta liña como o Bus do Viño, no Ribeiro, ou o bus turístico na Ribeira Sacra, e mesmo se recuperaron proxectos como a Ruta de Lagares Rupestres, no concello ourensán de Oímbra, ente outras accións.
Froito desta aposta do Goberno galego polo enoturismo, neste último ano tamén se impulsaron infraestruturas como o novo spa viñoterapia de Leiro, xunto ao Hotel Monumento Mosteiro de San Clodio, ou o proxecto vitivinícola do Museo de la Enología del Condado de Tea, nas Rías Baixas.
Día Europeo do Enoturismo
No día Europeo do Enoturismo, que se conmemora hoxe, a Consellería de Cultura e Turismo pon en valor a gran contribución que está a ter no eido turístico o traballo das cinco denominacións de orixe así como o labor dos profesionais que forman parte das Rutas dos Viños e o do sector enolóxico galego á hora difundir e divulgar a nosa cultura vitivinícola. O seu labor está a ser clave para impulsar un segmento turístico estratéxico en Galicia que desestacionaliza e axuda a diversificar a oferta por gran parte do territorio.
Galicia é a comunidade española con máis Q de Calidade no eido do turismo industrial, no que se encadran as adegas, e a enogastronomía é a segunda razón pola que os turistas visitan a Comunidade. As experiencias turísticas ligadas a enoloxía están a ter cada vez unha maior aceptación como así o demostran os últimos datos da Asociación Española de Cidades do Viño (Acevin). As visitas a adegas e museos do viño aumentaron un 18% en toda España, o nivel de satisfacción dos enoturistas que visitan as Rutas do Viño de España rolda o 8,5 sobre 10, e o 99,6% deles recomendarían a viaxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136