GALICIA
Rafael Estévez Muíños, de Salvaterra, o Mellor Condutor de Autocar de España
O concurso recoñeceu á Empresa Raúl S.A co galardón “Empresa na que traballa o condutor premiado”.
Gañadores do concurso mellor condutor de autobuses de España.
O galego Rafael Estévez Muíños, de Empresa Raúl S.A (de Salvaterra de Miño, Pontevedra), alzouse a semana pasada no marco da feira ExpoBus Iberia co premio Mellor Condutor de Autocar de España 2019, cunha puntuación de 619 puntos.
O condutor que acadou o segundo posto foi outro galego, José Manuel González Juárez, de Autocares Meijide (empresa de Lalín, Pontevedra), cun total de 555 puntos. O terceiro lugar conseguino o vasco Miguel Molina Delgado, de Bidasoa Bus (de Vitoria), que sumou 530 puntos.
Por outra banda, o concurso recoñeceu á Empresa Raúl S.A co galardón “Empresa na que traballa o condutor premiado”.
No concurso, que contou coa colaboración da publicación profesional Carril Bus, participaron nesta primeira edición trinta condutores e condutoras procedentes de distintas comunidades, entre elas Galicia, País Vasco, Cantabria, Cataluña, Castela-León, Castela-A Mancha e Andalucía.
As probas que se levaron a cabo para conceder este galardón, realizadas con dúas unidades Man Lion´s Coach e supervisadas por técnicos do Centro de Formación TECE (Técnicas Especiales de Conducción Eigenbauer), foron parada para carga e descarga, slalom en diferentes sentidos, diana de precisión na parada, cambio de carril con máis ou menos velocidade, freada de emerxencia, proba de paso estreito e de altura e tamén aparcamento.
Entrega de premios
A entrega de galardóns levouse a cabo este mediodía, tras un cóctel patrocinado pola Empresa Irizar na que se invitou a todos os participantes tanto no concurso coma na feira ExpoBus.
Neste acto Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, destacou o gran nivel dos participantes e indicou que dende a organización se traballará para ofrecer na vindeira edición un premio aínda máis interesante do que xa foi este. Así mesmo, mostrou o seu agradecemento aos patrocinadores do concurso, o cal tivo como patrocinadores principais a Man Truck & Bus, Irizar, Veox, GantaBi e TomTom e como destacados a Autocares Benito García, Autocares Galisur, Autocares Rías Baixas, Autocares Taborbus, Cartour, Empresa Montañesa e Otokar-Soumauto.
A continuación o director do Centro de Formación TECE, Gerhard Eigenbauer, explicou en que consistiron as probas e destacou a dificultade das mesmas, incrementada pola choiva que caeu durante a súa realización. Pola súa banda, o director de marketing en España da firma Man, Jean Paul Ocquidant, agradeceu á feira a organización deste concurso e expresou a súa intención de participar novamente como expositores na vindeira edición do salón.
Finalmente anunciáronse os galardóns, sendo entregado o terceiro por Viviana López, de ABANCA; o segundo por Gerhard Eigenbauer, e o primeiro polo director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro. Ao gañador tamén lle entregaron un reloxo da firma Tom Tom Telematics, de man do responsable territorial da zona centro, Carlos Ontiveros.
Por outra banda, a placa á “Empresa na que traballa o condutor premiado” foi entregada por Miguel Pérez, director comercial de Irizar.
Gañadores do concurso mellor condutor de autobuses de España.O galego Rafael Estévez Muíños, de Empresa Raúl S.A (de Salvaterra de Miño, Pontevedra), alzouse a semana pasada no marco da feira ExpoBus Iberia co premio Mellor Condutor de Autocar de España 2019, cunha puntuación de 619 puntos.
O condutor que acadou o segundo posto foi outro galego, José Manuel González Juárez, de Autocares Meijide (empresa de Lalín, Pontevedra), cun total de 555 puntos. O terceiro lugar conseguino o vasco Miguel Molina Delgado, de Bidasoa Bus (de Vitoria), que sumou 530 puntos.
Por outra banda, o concurso recoñeceu á Empresa Raúl S.A co galardón “Empresa na que traballa o condutor premiado”.
No concurso, que contou coa colaboración da publicación profesional Carril Bus, participaron nesta primeira edición trinta condutores e condutoras procedentes de distintas comunidades, entre elas Galicia, País Vasco, Cantabria, Cataluña, Castela-León, Castela-A Mancha e Andalucía.
As probas que se levaron a cabo para conceder este galardón, realizadas con dúas unidades Man Lion´s Coach e supervisadas por técnicos do Centro de Formación TECE (Técnicas Especiales de Conducción Eigenbauer), foron parada para carga e descarga, slalom en diferentes sentidos, diana de precisión na parada, cambio de carril con máis ou menos velocidade, freada de emerxencia, proba de paso estreito e de altura e tamén aparcamento.
Entrega de premios
A entrega de galardóns levouse a cabo este mediodía, tras un cóctel patrocinado pola Empresa Irizar na que se invitou a todos os participantes tanto no concurso coma na feira ExpoBus.
Neste acto Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, destacou o gran nivel dos participantes e indicou que dende a organización se traballará para ofrecer na vindeira edición un premio aínda máis interesante do que xa foi este. Así mesmo, mostrou o seu agradecemento aos patrocinadores do concurso, o cal tivo como patrocinadores principais a Man Truck & Bus, Irizar, Veox, GantaBi e TomTom e como destacados a Autocares Benito García, Autocares Galisur, Autocares Rías Baixas, Autocares Taborbus, Cartour, Empresa Montañesa e Otokar-Soumauto.
A continuación o director do Centro de Formación TECE, Gerhard Eigenbauer, explicou en que consistiron as probas e destacou a dificultade das mesmas, incrementada pola choiva que caeu durante a súa realización. Pola súa banda, o director de marketing en España da firma Man, Jean Paul Ocquidant, agradeceu á feira a organización deste concurso e expresou a súa intención de participar novamente como expositores na vindeira edición do salón.
Finalmente anunciáronse os galardóns, sendo entregado o terceiro por Viviana López, de ABANCA; o segundo por Gerhard Eigenbauer, e o primeiro polo director xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, Ignacio Maestro. Ao gañador tamén lle entregaron un reloxo da firma Tom Tom Telematics, de man do responsable territorial da zona centro, Carlos Ontiveros.
Por outra banda, a placa á “Empresa na que traballa o condutor premiado” foi entregada por Miguel Pérez, director comercial de Irizar.


























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21