Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 15 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro celebrará os 50 anos da Sociedad Deportiva Salvaterra nunha exposición

A asociación organizará os días 16, 17 e 18 novembro Historia do Fútbol en Salvaterra de Miño, unha exposición na Casa da Cultura con medio cento de fotografías, documentos, vídeos e xornais da época relacionados cos equipos da vila

Despois das anteriores exposicións “Memoria de Salvaterra”,  “A Nosa Memoria” e “Xentes da Raia”, que tiveron lugar nas Covas de Dona Urraca, en Salvaterra, onde asistiron preto de 1.000 persoas por edición a través dun percorrido fotográfico a asociación Lazoiro organizará unha nova edición a vindeira fin de semana.  

 

Esta nova edición, organizada baixo o título “Historia do Fútbol de Salvaterra”  terá lugar na Casa da Cultura, deixando de ser nas Covas de Dona Urraca como viña sendo habitual, ao non estar dispoñibles segundo informaron dende o Concello.

 

Historia do Fútbol de Salvaterra, na que a entrada, ao igual nas anteriores exposicións, seguirá sendo de balde,  abrirá ao público o  venres  16 de  novembro de 19:30h a 21:30h, podendo visitarse ao longo de todo o fin de semana do 22 ao 23 en horario de 10:30h a 14:00h, e de 16:30 a 21:30.

 

A exposición fotográfica e documental comezará dende principios do século XX, onde xa hai coñecemento de equipos de aficionados nas diferentes parroquias. Sendo unha fotografía do equipo de fútbol da parroquia de Lira a máis antiga, da década dos 20  e onde podemos apreciar a equipación, os balóns e as porterías de madeira en campos de terra daqueles anos.

 

Farase un percorrido polos equipos federados da vila; como a S.D Salvaterra e O Condado, Progresista de Fornelos, Liréns de Lira,  Corzáns e o Castelo de Pesqueiras. Ademais dos equipos de afeccionados de Alxén, Grixó, Cabreira,  o Uracán de Meder e o Casal.

 

Mencionamos tamén os equipos femininos que houbo, destacando a formación feminina do Liréns; que deu os seus primeiros pasos nos inicios da década dos 90, no 95 forma parte da liga feminina do Condado e posteriormente nas ligas da Federación Galega de Fútbol. Tamén expoñemos formacións de encontros amigables do Salvaterra feminino.

 

Baixo o nome do patrón de Salvaterra, nace o San Lorenzo no ano 1941 que se disolverá no 1960. Competiu na categoría comarcal conseguindo varios campionatos e superando os 100 goles por tempada. Xogaba no campo da Chan da Ponte, que actualmente xa non existe.

 

O San Lorenzo sería o precedente ao nacemento da Sociedade Deportiva Salvaterra, no 1968 e que este ano celebra o seu 50 aniversario. Xoga o seus encontros no campo de Fútbol de Dextros. Foi Fundada por un grupo de amigos sendo Jesús Pablo González “Suso”, o primeiro presidente. Comezou xogando na Segunda Comarcal, no primeiro ano conseguiu o ascendo, dando lugar a que cada vez tivesen máis afección. No ano 1969 inaugúrase en Dextros a iluminación e para tal acto  xogaríanse dous encontros amigables; un contra o Mondariz e outro contra o Atlético Pontevedrés.  Na súa maior parte do tempo estivo xogando entre a Primeira Rexional e Rexional Preferente.

 

No ano 1972 fórmase a canteira, un equipo de xuvenís que alternaría categoría Comarcal e Provincial. No 1980 fórmase o equipo de infantís/cadetes.  O 22 de decembro de 1990 tocaría a Lotaría Nacional, non sendo isto sinónimo de fortaleza, xa que a súa xestión xerou unha gran controversia.

 

En 1997 inaugúrase a reforma do campo de fútbol de Dextros coa instalación de herba natural, sendo un dos mellores campos da zona. Durante o período das obras veríanse na obriga de xogar os seus partidos nos concellos limítrofes e especialmente en Monção.


Trala inauguración  xogaríanse importantes partidos amigables  contra equipos de primera división; o Celta de Vigo  o Betis e o Sevilla.

 

O Salvaterra continuaría a súa andaina pola categoría de Rexional Preferente ata os últimos anos que descendería ata Segunda Comarcal, recentemente volveu a Primeira Rexional.

 

Hai que mencionar a figura do actual presidente, Antonio Bernárdez Gándara, un histórico da directiva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.