Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
IMPAGO DE FACTURAS EN O PORRIÑO

García de la Torre: "o PP do Porriño impide que se pague a máis de 100 pequenas empresas e autónomos"

Mentres os partidos políticos solucionan as súas discrepacias un cento de proveedores locais quedan se cobrar as súas facturas

"O Partido Popular impediu onte que o Pleno da Corporación do Porriño aprobase o pago a máis de 100 pequenas empresas e autónomos de 554.134,08€ por produtos e servizos prestados ao Concello" segundo explican dende o Concello do Porriño nun comunicado de prensa emitido onte..


"Os concelleiros populares votaron en contra do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos polo devandito importe maila a que as facturas que o Goberno levaba ao Pleno da Corporación amosaban que as devanditas empresas acredoras realizaran os traballos ou entregaran as mercadorías polas que levan meses agardando cobrar" explican dende o Concello engadindo que "esta non era a primeira vez que o Goberno local pedía ao Pleno que aprobase o pago destas cantidades e tampouco" -subliñou a alcaldesa, Eva García de la Torre- "era a primeira vez que o Partido Popular, rexeitaba que se pagase a este autónomos e pequenas empresas".


García de la Torre lembroulle ao presidente dos populares do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo que "o Partido Popular mesmo votou no seu día en contra de pagar máis de 2,7 millóns de euros adebedados a pequenas empresas e autónomos cando estivo á fronte do Goberno local, goberno do que o señor Lorenzo formaba parte".


Así mesmo, a alcaldesa sinalou que "mentres que, en catro anos o seu goberno levou a Pleno dous recoñecementos extraxudiciais por un total de 2,8 millóns de euros, cantidade da que o 90% era por facturas pendentes da xestión do Partido Popular, o goberno presidido por Nelson Santos, do cal formaba parte o actual presidente local do PP, Manuel Alejandro Lorenzo, presentou a Pleno en 5 anos, tendo maioría absoluta na Corporación, recoñecementos extraxudiciais por máis de 9,5 millóns, tal e coma reflicte a contabilidade municipa"l.

 

En contra de dous modificacións do PXOM
Na mesma liña, -explican dende o Concello- "o Grupo Municipal do Partido Popular impediu coa súa abstención (sabendo que o seu voto afirmativo era necesario) que saísen adiante dous modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Urbana: no ámbito dos polígonos  industriais de A Granxa e sur do PPI 5, e no ámbito da N-120 no núcleo de Painzal".


En relación con este último ámbito"dase a circunstancia, como salientou o concelleiro de Urbanismo, que no anterior mandato municipal, o Partido Popular que estaba á fronte do Concello, tentara facer a mesma modificación".


Marcelino Coto engadiu que" ademais diso, nestes mesmo mandato, o señor Lorenzo e outros responsábeis populares mantiveran xuntanzas cos promotores desta iniciativa para converter en chan non consolidado este ámbito o cal,como saben ben os representantes do Partido Popular, suporía evidentes vantaxes para O Porriño”.
O concelleiro denunciou que "detrás de este voto dos populares está a súa intención de paralizar toda acción do actual goberno" o cal, subliñou “a quen prexudica en realidade é ás nosas veciñas e veciños”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.