Domingo, 15 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 14 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Eva García de la Torre causa baixa no Partido Socialista de Galicia

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de solicitar a súa baixa temporal coma militante do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) "en tanto non se resolva o procedemento xudicial no que ten que declarar o vindeiro día 22 deste mes".



García de la Torre toma esta decisión no seu desexo "de salvagardar e defender o bo nome do PSdG, formación da que forma parte dende hai moitos anos".



Eva García de la Torre seguirá á fronte do Goberno local do Porriño na súa "firme confianza na xustiza e o seu total convencemento de que o procedemento xudicial no que está inmersa será favorábel para ela, dada a súa inocencia" explica nun comunicado de prensa.



Por último sinala que "no mesmo momento no que sexa  exonerada de responsabilidade", pedirá o seu "reingreso no Partido dos Socialistas de Galicia e optará á designación coma candidata do mesmo á Alcaldía do Porriño nas Eleccións Municipais de maio de 2019".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.