Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 15 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño prepárase para a celebración da campaña “En Negro contra as Violencias 2018”

Hoxe xoves, 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo

[Img #46627]O Concello de Tomiño súmase por segundo ano consecutivo, á campaña “En Negro contra as violencias 2018”.


Durante o mes de outubro e novembro, dende a Oficina Municipal de Igualdade, fóronse perfilando as distintas accións da campaña deste ano, contactando individualmente con establecementos da vila, e anunciando a chegada do material que será repartido por espazos privados e públicos. Esta forma de actuar responde ao obxectivo de lograr a maior implicación por parte de toda a cidadanía.


A alcaldesa do municipio, Sandra González, explica que o ano pasado, e este tamén “renovamos o noso compromiso con esta acción colectiva e transversal para a sensibilización social contra as violencias machistas, que implica a participación activa, baixo a coordinación do  Concello, da poboación e do tecido económico e social”, explicou a alcaldesa.


Hoxe xoves, 15 de novembro, comezarase a repartir o material polos establecementos do municipio, de forma de tentar chegar a todos os lugares do mesmo. Ademais, está previsto un acto oficial para a lectura do manifesto o día 23 de novembro ás 19.00 horas na Praza do Seixo.


Este ano compre destacar, coma o anterior, a participación de Voces Novas, o Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, que amosou un grande interés.


Dende o seu inicio en 2015, esta campaña foise expandindo por toda Galicia, e hoxe son xa 85 concellos adheridos e 3 deputacións provinciais.


No 2017, a participación  de  establecementos, negocios, asociacións, centros educativos, e axentes sociais foi masiva. Así, os comercios e lugares públicos cubriron os seus espazos co material da campaña, que en letras brancas sobre fondo negro, co logotipo creado especialmente pola deseñadora Uqui Permui, reflicten a orixe da violencia machista e as súas consecuencias; as redes sociais foron durante días un espazo de denuncia. Este ano dende o Concello agárdase que a participación de todos e todas sexa tamén a maior posible.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.