Lunes, 27 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 27 de Abril de 2026 a las 18:19:42 horas

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

A Xunta reafirma o seu compromiso cos afectados pola explosión de Paramos

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, recordou hoxe que a Xunta non é parte do procedemento xudicial aberto contra a empresa de pirotecnia “La Gallega”

A  directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reafirmou hoxe de novo o compromiso da Xunta cos afectados pola explosión de Paramos (Tui), e lembrou que foi a Administración autonómica a única que habilitou, en tempo récord, unha liña de axudas completa e coa mínima esixencia de documentación.

 

A convocatoria de axudas do Goberno galego puxo a disposición dos afectados, pouco despois da traxedia, ao redor de 8 millóns de euros en axudas directas para a reconstrución de vivendas e para o aloxamento provisional dos afectados, dos que xa foron abonados máis de 2 millóns de euros. Ademais, as reclamacións dos veciños foron tamén trasladadas ás administracións correspondentes e en encontros ao máis alto nivel, como na reunión entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

 

Durante unha pregunta parlamentaria sobre a execución da sentenza sobre a licenza da empresa de pirotecnia “La Gallega”, Fernández-Tapias recordou que a Xunta non é parte neste procedemento xudicial e que, polo tanto, o control externo da legalidade das actuacións de calquera administración depende en exclusiva dos xulgados e tribunais. En calquera caso, aclarou que esta sentenza non se refire ao almacén ilegal, non autorizado, no que se produciu a explosión de Paramos.

 

En canto ás inspeccións, estas son competencia do Goberno central -neste caso, da subdelegación de goberno-, a quen corresponde a vixilancia e control deste tipo de instalacións. De feito, precisamente por iso, tras a explosión de Paramos a Xunta reclamou do Estado unha revisión xeral do sector.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.