MOS
Mos reivindica unha vez máis o papel da muller na sociedade con motivo do 25N
Hoxe presentáronse os actos conmemorativos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Onte Campo de Fútbol das Baloutas acolleu a presentación da programación do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, organizada polo Concello de Mos.
No acto de presentación etiveron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Cultura, Sara Cebreiro, a edil de Participación Cidadá, Julia Loureiro, as compoñentes de A Panadaría Teatro que interpretarán a obra Elisa e Marcela dentro da programación e son Areta Bolado, a veciña mosense Noelia Castro, e Ailén Kendelman; e unha xogadora da Unión Deportiva Mos, Yolanda Lago Lorenzo. Acompañounas tamén o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio.
As presentes deron conta das actividades conmemorativas programadas con motivo do 25 de novembro e que comezarán por un obradoiro dirixido ós técnicos e profesionais para a dinamización das Mesas Locais Interinstitucionais contra a Violencia de Xénero que se impartirá durante dous mércores, hoxe día 14 e o 21 de novembro.
A proposta do programa formativo deste obradoiro vai dirixida a fortalecer a cultura do traballo en equipo e da participación das Mesas Locais de Coordinación Interinsitucional contra a Violencia de Xénero. O programa céntrase na adquisición de competencias e habilidades dos axentes que forman parte das Mesas que melloren a capacidade de traballo destes espazos. A formación desenvólvese en dúas sesións de 4 horas.
A seguinte iniciativa será o vindeiro sábado, día 17 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso; data na que A Panadaría Teatro presentará a obra “Elisa e Marcela”.
A obra ambiéntase no ano 1901, en A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo. Busca sobre todo o fomento do respeto e a non discriminación por cuestións de xénero ou sexualidade.
Contan con 4 Premios María Casares 2018: Mellor Espectáculo, Dirección, Texto Orixinal e Actriz Protagonista. 2 Premios do Público 2018, o XIV Premio LGBT Marcela e Elisa Colectivo Alas 2018 e o Premio Igualdade Luísa Villalta 2017. Todas as actrices da compañía foron premiadas co Premio Mellor Actriz Ex Aequo FETEGA Carballiño 2018. A obra é unha coprodución co Centro Dramático Galego.
Por último o propio domingo 25 de novembro, ás 11:00 h, no Campo de Fútbol das Baloutas xogarase o partido de fútbol feminino contra a violencia de xénero no que participarán mulleres de todas as asociacións do municipio. En caso de chuvia trasladarase ao Pavillón Oscar Pereiro. E ás 17:00 horas, no auditorio de Torroso, cine en familia coa proxección de “Zootrópolis”, película que conta a vida de Judy, unha coelliña da vila que vive na gran cidade e quere entrar no corpo policial. A pesar das reticencias e preocupación dos seus pais, está convencida de que todo o mundo pode alcanzar os seus soños.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104