PROVINCIA
Cheo na Capela dos Premios Princesa de Asturias de oviedo na presentación de Carmela Silva da promoción turística da Deputación de Pontevedra
Ante touroperadores, axencias e medios de comunicación asturianos, a presidenta provincial apelou ás emocións porque “somos historias e queremos que a cidadanía asturiana poida coñecelas, e porque detrás de cada unha delas hai motivo para visitarnos”
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Oviedo, Wenceslao López, presentou hoxe na Capela do Hotel de la Reconquista, na que reúne cada ano aos premiados e premiadas Princesa de Asturias, o destino #PontevedraProvincia. Ante un auditorio ateigado de turoperadores, medios de comunicación, autoridades locais e autonómicas, e representantes de colectivos como Centros Galegos como o de Avilés, a presidenta deu a coñecer todos os aspectos que unen á provincia con Asturias e os principais atractivos do destino Rías Baixas, nun evento complementado coa proxección das cortometraxes do Castelo de Soutoamior e María Vinyals e o de “Galaicos”, amais do videoclip de Cómplices “Somos Historias”.
“Son desas persoas que creo que neste mundo da tecnoloxía o máis importante seguen sendo as emocións, as persoas, a capacidade de relacionarnos para compartir”, manifestou Camela Silva. Neste eido, a presidenta provincial referiuse a moitos dos aspectos que comparte Asturias coas Rías Baixas, dende a paisaxe natural, ata a gastronomía excelente, os produtos vitivinícolas e os da terra, a historia e ata aspectos relacionados coa lingua. E xunto aos aspectos compartidos, a presidenta tamén destacou as condicións que fan única á provincia de Pontevedra: “somos sol e praia, pero somos moito máis, tradición, cultura, enoloxía, música, historia e innovación. Somos historias e queremos que a cidadanía asturiana poida coñecelas, porque detrás de cada unha delas hai un motivo para visitarnos e para que Asturias e Pontevedra estean, se cabe, máis unidas”, manifestou Silva.
Máis polo miúdo a presidenta da Deputación explicou ao público asturiano aspectos do patrimonio cultural arredor do Castelo de Soutomaior e da figura de María Vinyals como fío condutor. Xunto á cultura, tamén se referiu Silva ao patrimonio natural, enxalzando os catro Xardíns de Excelencia Internacional que hai na provincia de Pontevedra e que son os únicos de todo o territorio estatal.
Amais, Carmela Silva referiuse ao enoturismo e á gastronomía, ao patrimonio espiritual representado polos seis mosteiros románicos ou cemiterios como o de Santa Mariña de Dozo, que forma parte da Ruta Europea de Cemiterios Singulares. Tamén menciounou aos xacementos arqueolóxicos para deterse na exposición “Galaicos: un pobo entre dous mundos” que pode visitarse no MAN de Madrid ata febreiro e na que se da mostra do espazo central que ocupaba a provincia de Pontevedra fai 2.000 anos. Outra das opcións que deu a coñecer Silva, “porque tamén somos modernidade, foi os #RíasBaixasFests, que se celebran entre xuño e setembro e “combinan boa música con gastronomía, paisaxe, praias…”.
Xunto á oferta turística, a presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para facer fincapé na necesidade de compartir sinerxías. “Neste mundo globalizado non podemos vivir como compartimentos estancos. Asturias e a provincia de Pontevedra temos moito que ofertar conxuntamente, así que deberíamos ser capaces de sentarnos e elaborar paquetes turísticos conxuntos baseados na sustentabilidade, na nosa riqueza natural e patrimonial”, subliñou.
Pola súa banda, o alcalde de Oviedo, Wenceslao López, destacou que “queremos tomar toda esta simboloxía de Carmela Silva e estender en Asturias ese amor á provincia de Pontevedra, que creo que está aquí moi enraizado e é un amor seguro”.
Ao remate da presentación da campaña, e tamén durante a mañá, Carmela Silva mantivo un encontro de networking con turoperadores cos que xa se pecharon acordos, así como reunións de traballo nas que se abordaron cuestións relacionadas coa innovación e a xestión intelixente dos destinos turísticos, eixos nos que a institución provincial está a traballar activamente.
Xa pola tarde, ás 20.30 horas desenvolverase a Gala Solidaria no Eurostars Hotel de La Reconquista a favor da “Fundación Mensajeros de la Paz” do Padre Ángel e a Fundación “Inocente, Inocente”. Nesta gala, a provincia de Pontevedra terá un especial protagonismo xa que os produtos que se van degustar proceden das Rías Baixas. Máis polo miúdo, servirase polbo, vieiras, lenguado e un postre a base de Albariño. O viño será tamén da DO Rías Baixas e irá etiquetado co lema da campaña promocional da Deputación de Pontevedra “Somos historias”.
Para a Deputación de Pontevedra o público asturiano é preferencial xa que Asturias é un grande emisor de visitantes á provincia. Amais, segundo os estudos realizados por Turismo Rías Baixas, o público do Principado valora moi positivamente aspectos da nosa provincia como son a cultura e a gastronomía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186