NIGRÁN
O Concello de Nigrán inviste 45.000 € na ampliación e mellora da seguridade na rúa Nandín de Parada
As obras, que rematarán esta semana, constan dun gran muro de contención, permitirán ampliar o vial a 6 metros de xeito que poidan cruzarse dous vehículos
O Concello de Nigrán rematará esta semana as obras para ampliar a rúa Nandín da parroquia de Parada de xeito que permita o cruce de dous vehículos en direccións opostas e ao mesmo tempo se mellore a seguridade dos peóns. Os traballos, adxudicados por 44.683 € a 'Servicios Medioambientales del Miño S.L' e cun prazo de execución de tres meses, inclúen a construción dun gran muro de contención de cachotes de pedra do país.
"Esta obra é urxente e necesaria para mellorar a seguridade da estrada, xa que actualmente está en pésimas condicións polo progresivo afundimento da mesma. Ademais, dá acceso a varias casas e nin sequera ten capacidade para que se crucen dous vehículos en direccións opostas", explica o alcalde, Juan González.
A rúa ten unha anchura media inferior aos tres metros e coas obras pasará a ter 6 metros, permitindo diferenciar dous carrís claramente, por este motivo é preciso realizar o muro de contención. Actualmente presenta un pavimentado asfáltico moi deteriorado que será completamente renovado no mesmo material e cun espesor de 5 cm. Asemesmo, disporá de cunetas e canles de rego para que discorran as augas.
"Dende o Concello de Nigrán temos o compromiso de actuar nestes pequenos camiños do interior que dan acceso a vivendas e que precisan urxentemente de ser renovados, coma é o caso", conclúe o rexedor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217