Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 19 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aberto o prazo para inscribirse no ‘Campamento de Nadal’ do concello

Destinado a rapazas e rapaces de 5 a 12 anos de idade

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade continúa a  mesma liña de actuación que en anos pasados, e “para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das veciñas e veciños”, organiza, de novo, o ‘Campamento de Nadal’, co-financiado pola Deputación de Pontevedra.


O mesmo- que desenrolarase de 9 da mañá a 2 da tarde- abranguerá actividades coma música, obradoiros, xogos, talleres, reciclaxe, animación á lectura e actividades que terán coma fío condutor a igualdade.


O prazo de inscrición para o mesmo abrirase hoxe luns, día 19 de novembro, e non pechará ata o venres, día 30 desde mesmo mes.


A concelleira de Igualdade, Soledad Girón, lembra que poden participar neste campamento as rapazas e rapaces residentes no Porriño que teñan entre 5 e 12 anos -nados entre 2006 e 2013, os dous inclusive– e que as persoas que precisen máis información poden dirixirse ao Centro de Información á Muller, no 3º andar do Concello, ou chamar ao número de teléfono 986 337429.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.