PROVINCIA
A Deputación valora o cambio de posición da Xunta sobre os estudos da Escola de Cantería
A deputada Montse Magallanes sinalou que “como viña demandando a Deputación desde fai moitos anos, por fin a Xunta manifestou ao alumnado a súa intención de homologar os títulos” e instou a que se axilice o proceso para que xa estean en marcha o vindeiro curso
A Deputación de Pontevedra valorou o cambio de posición da Xunta de Galicia que, despois de anos de silencio, manifestou ao alumnado da Escola de Cantería, segundo trasladaron aos medios de comunicación, a viabilidade de homologar os títulos de cantería como ciclos formativos medios e superior. “A Xunta, dixo a deputada, é a única administración competente nesta materia para conseguir que o noso alumnado puidese rematar os estudos na Escola de Cantería cun título oficial baixo o brazo. Trátase dunha demanda da Deputación de Pontevedra desde hai moitos anos, polo que agora instamos ao goberno galego a axilizar todo este proceso para que esa homologación sexa unha realidade no vindeiro curso”.
Nun escrito remitido esta mesma semana e dirixido ao director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, que segundo o alumnado foi quen lles trasladou o cambio de posicionamento da Xunta de Galicia, a deputada provincial Montse Magallanes instou a que o goberno de Núñez Feijoo non demore máis o proceso xa que a nova Deputación xa deu todos os pasos que tiña que dar. “Nestes últimos tres anos puxemos en marcha diferentes actuacións para conseguir que a formación impartida pola Escola de Cantería, que a nivel profesional está recoñecida non soamente en Galicia senón en países do estranxeiro como Estados Unidos, Reino Unido ou Portugal, teña un recoñecemento académico oficial e agora que o alumnado ten o compromiso da Xunta, a nova situación debe implantarse o curso que vén”, asegurou.
Magallanes recordou que os ex alumnos e ex alumnas da Escola de Cantería levan décadas reclamando a homologación dos títulos de Canteiro/a e Mestre/a Canteiro/a e, sen embargo, soamente nos últimos tres anos, con este goberno provincial, se están a realizar actuacións concretas para conseguilo. Deste xeito, desde o 2015, o goberno de Carmela Silva está a acometer obras no centro educativo por valor de 440.000 euros para conseguir a licenza como centro de formación e a posterior homologación oficial.
Xunto ás obras nas instalacións da Escola de Cantería, nestes tres últimos anos o goberno da Deputación tamén impulsou accións relativas á actualización e formación do profesorado que imparte materias no centro. Deste xeito, “soamente faltaba que a Xunta de Galicia, á única administración con competencias en canto á formación profesional, dese un paso adiante así que hoxe, como trasladou o alumnado despois da reunión co Director Xeral, debemos valorar positivamente ese cambio de posición”, asegurou a deputada. Magallanes tamén manifestou o desexo da Deputación de Pontevedra de “recibir información directamente da Xunta de Galicia, co fin de coñecer os prazos e procedementos que manexa para implantar a homologación destes ciclos de formación profesional”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186